Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Ficción»

m
{{Resumo}}
m ({{Resumo}})
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
{{Resumo|Os artigos da Wikipedia deben describir as obras de ficción e os seus elementos ficticios dende a perspectiva do mundo real, non dende a perspectiva da propia ficción.}}
 
A Galipedia posúe unha gran cantidade de artigos sobre temas relacionados coa '''[[ficción]], [[universo de ficción|universos de ficción]]''' e elementos dos mesmos. Cando se crea un artigo novo de tales características, debe establecerse a súa '''importancia no mundo real citando [[Wikipedia:Verificabilidade|fontes independentes e verificables]]''', que demostren que existe suficiente información relacionada como para redactar un artigo '''[[Wikipedia:Artigos de calidade|ben escrito, completo e baseado nos feitos]]'''.