Diferenzas entre revisións de «Partido Comunista Portugués»

sen resumo de edición
m (Category:Partidos políticos de Portugal)
O partido foi fundado en [[1921]] como sección portuguesa da Internacional Comunista ([[Comitern]]). Ilegalizado no fin dos anos 20, o PCP tivo un papel fundamental na oposición ao réxime ditatorial de [[António de Oliveira Salazar]]. Durante estas cinco décadas, o PCP participou activamente na oposición ao rexime e era o partido (clandestino naquela época) máis organizado e máis forte da oposición. foi suprimido constantemente pola [[policía política]], a [[PIDE]]. Após a [[Revolución dos Caraveis]], en [[1974]], os 36 membros do seu Comité Central, en conxunto, tiñan xa cumprido máis de 300 anos de prisión.
 
Após o fin da ditatura, o partido tornouse nunha das principais forzas políticas do novo rexime democrática, principalmente entre os traballadores, e continúa popular en vastos sectores da sociedade portuguesa, particularmente nas áreas rurais do [[Alentexo]] e [[Ribatexo]] e áreaszonas industrializadas como [[Lisboa]] e [[Setúbal]], onde lidera varios municipios.
 
O PCP publica o semanario ''[[Avante!]]'', fundado en [[1931]] e a revista bimensal ''O Militante''.
222

edicións