Mar de Barents: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 66 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q45823
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Barents sp.png|miniatura|Situación do Mar de Barents]]
O '''mar de Barents''' é unha parte do [[océano Ártico]], situado ao norte de [[Noruega]] e de [[Rusia]]. Leva o nome do navegante [[Países Baixos|holandés]] [[Willem Barents]]. É unha plataforma continental bastante profunda (230 m de media), rodeada polo [[mar de Noruega]] ao oeste, o arquipélago de [[Svalbard]] (Noruega) ao noroeste, e as illas de [[Terra de Francisco Xosé]] e [[Nova Cembla]] (Rusia) ao leste e norestenordeste.
 
Os portos de [[Múrmansk]] (Rusia) e [[Vardø]] (Noruega) atópanse na metade meridional do mar de Barents, e permanecen libres de xeos ao longo de todo o ano debido ás correntes do [[océano Atlántico]] norte. En setembro, practicamente todo o mar de Barents está libre de xeo.