Rebentabois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 40:
Considérase unha especie velenosa, con efectos tóxicos sobre o fígado e o intestino que poden chegar a ser graves pero raramente mortais. Produce tamén efectos [[alucinóxeno]]s, razón pola que se consumiu desde antigo en diferentes partes do mundo.
 
Os efectos psíquicos que provoca débense ó seu contido en derivados isoxazólicos (como o ácido iboténico ou o muscimol) e outros, como a butofenina e a muscarina (responsable da visión deformada de formas e distancias). Entre 30 minutos e 1 hora despois de inxerilo aparecen transtornostrastornos gastrointestinais (dores cólicas e vómitos) e inmediatamente despois comezan os efectos alucinóxenos, con delirios, alucinacións e visións coloreadas e puntos de luz, nun estado semellante á embriaguez, para rematar cun forte sono ó cabo de varias horas. A concentración dos principios activos é variable dentro dun mesmo exemplar (a cutícula é máis rica có resto da carne) e segundo o hábitat onde se recolle (a máis altura, maior concentración). Tamén se dá o feito de que unhas substancias se transforman noutras ó madurar ou tras desecacióndesecamento: o ácido iboténico degrádase rapidamente en muscimol, 5-10 veces máis potente e capaz de permanecer activo en exemplares desecados de varios anos.
 
== Curiosidades ==