Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Ortografía}}
[[Ficheiro:Destruction of a tank.jpg|miniatura|250px|Soldados croatas preparándose para destruír un carro de combate serbio en 1992.]]
A '''Guerra de Croacia''' ou '''Guerra da Independencia de Croacia''' (en [[lingua croata|croata]]: ''Domovinski Rat'', Guerra da Patria), en [[lingua serbia|serbio]]: ''Рат у Хрватској'' ou ''Rat u Hrvatskoj'', Guerra en Croacia) foi un conflito bélico que tivo lugar en [[Croacia]] desde [[1991]] até [[1995]]. Inicialmente, a guerra desenvolveuse entre [[Croacia]] e o [[Exército Popular Iugoslavo]] (JNA). Máis tarde, o conflito derivou nunha loita entre as tropas da nova Croacia independente e as forzas rebeldes da minoría serbia, que á súa vez proclamou a [[República Serbia de Krajina]]. Os serbios foron apoiados polo Exército Popular Iugoslavo. O bando croata intentaba establecer a plena soberanía para a [[Croacia|República de Croacia]], anteriormente constituída como unha república socialista dentro da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], mentres que os serbios querían manterse en Iugoslavia, buscando novos límites en partes de Croacia con maioría étnica serbia ou cunha minoría serbia influente. A guerra resultou particularmente impactante pola súa brutalidade nunha sociedade relativamente desenvolvida en [[Europa]] e nos tempos modernos.
Liña 5 ⟶ 6:
A guerra en [[Croacia]] foi resultado do ascenso do [[nacionalismo]] en [[Iugoslavia]] durante a década de 1980, que conduciu á disolución da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]]. A crise comezou a desencadearse en Iugoslavia tras o debilitamento das democracias populares da [[Europa oriental]], na última fase da [[guerra fría]], todo iso simbolizado pola caída do [[Muro de Berlín]] en [[novembro]] de [[1989]]. En Iugoslavia, a [[Liga dos Comunistas de Iugoslavia]] perdera xa gran parte da súa preeminencia ideolóxica.
 
Nos años 1980, a axitación secesionista dos movementos [[Albania|albaneses]] en [[Kosovo]] levou á represión da maioría albanesa nesta provincia do sur de [[Serbia]]. As repúblicas má prósperas, as norteñas [[Eslovenia]] e [[Croacia]], quixeron dar pasos para aumentar a súa autonomía, mesmo cara á independencia e ao establecemento dun sistema político occidental. A [[Serbia|República de Serbia]], dirixida por [[Slobodan Milošević]], abogabaavogaba polo centralismo e o sistema de partido único (o [[comunista]]) para toda Iugoslavia (baixo a direccvióndirección derbiaserbia), terminando por derrogar a autonomía das rexións de Kosovo e [[Voivodina]]. Ao mesmo tempo, o [[Exército Popular de Iugoslavia]] experimentou un proceso de transformación, pasando de ser un Exército multinacional a converterse nunha forza controlada polos serbios.
 
Dado o ascenso do nacionalismo baseado nos intereses individuais de cada república, foi facéndose previsíbel a desaparición de Iugoslavia e a súa substitución por uns cantos Estados sucesores. Slobodan Milošević, desde o seu ascenso ao poder en Serbia, tratou de favorecer a continuidade de todos os serbios nun único Estado (agrupando ás maiorías ou minorías serbias das outras repúblicas na longamente soñada "Gran Serbia"). As demandas eslovenas e croatas dunha maior autonomía, incluíndo un status de tipo confederal e, mesmo, unha completa independencia, fixeron medrar así mesmo as ideas nacionalistas entre os altos cargos da aínda gobernante Liga dos Comunistas de Iugoslavia.
 
== A reafirmación de Serbia ==
En marzo de [[1989]], a crise en Iugoslavia profundizouse tras a adopción dalgunhas emendas á Constitución socialista serbia. A través delas, o Goberno serbio puido reafirmar os seus poderes efectivos sobre as provincias ex autónomas de [[Kosovo]] e [[Voivodina]]. Dado que estas entidades tiñan dereito a voto a nivel da presidencia federal de Iugoslavia (seis membros das repúblicas e dous das provincias autónomas, agora ex autónomas), [[Serbia]], baixo o seu presidente [[Slobodan Milošević]], obtivo o control sobre tres votos de oito na elección da presidencia federal. Grazas aos apoios adicionais de [[República Popular de Montenegro|Montenegro]], habitado pòrpor serrbiosserbios) e, ocasionalmente, [[Bosnia e HerzegovinaHercegovina]], Serbia estaba en condicións de exercer unha enorme influencia sobre o Goberno federal. Esta situación ocasionou protestas noutras repúblicas, así como propostas de reforma da federación iugoslava.
 
== Movementos electorais e constitucionais ==
Liña 19 ⟶ 20:
Ao longo de 1989 fundáranse varios partidos políticos, entre eles a [[Unión Democrática Croata]] (''Hrvatska Demokratska Zajednica'', ''HDZ''), liderada polo nacionalista [[Franjo Tudjman]]. A HDZ baseou a súa campaña na aspiración á independencia e nunha retórica xeral antiiugoslava e antiserbia, alimentando nos croatas o sentimento de que só a HDZ podía protexer a [[Croacia]] das aspiracións dos sectores serbios liderados por [[Slobodan Milošević]] relativas á conformación da [[Gran Serbia]]. Deste xeito, logrou encabezar os resultados das eleccións (seguido polos comunistas reformistas de [[Ivica Racan]], o [[Partido Socialdemócrata de Croacia]]) e formar un novo Goberno croata.
 
Un factor importante na preservación dos límites fronteirizos de Croacia foi a axuda internacional recibida, a cargo de membros da diáspora croata. MoitsMoitos futuros dirixentes do HDZ, incluíndo a Tudjman, realizaron visitas internacionais durante os 80 e a principios dos 90 con vistas a obter apoio dos emigrantes cara á causa nacional croata. Porén, estes contactos foron xa interpretados por algúns políticos comunistas conservadores (maioritariamente serbios) como mostras de separatismo. Esta sensación foi, ademais, reforzada por algunhas controvertidas declaracións de membros do HDZ e por unha retórica imprudente que era calquera cousa menos pacífica. Serva como exemplo unha recordada declaración pública de Tudjman na que se congratulaba de que a súa muller non fora "nin serbia nin xudía".<ref>[http://www.vreme.com/arhiva_html/467/08.html "Dr Franjo Tuđman, 1992-1999", Miloš Vasić, Vreme, Decembro 18, 1999]</ref> Adicionalmente, o emprego de iconografía nacionalista, algunha dela recuperada directamente do movemento nacionalista croata que foi responsábel, durante a [[Segunda Guerra Mundial]], da desaparición de probabelmente máis de 100.000 serbios, non contribuíu a rebaixar as tensións.
{{VT|Historia dos eslavos do sur#A Segunda Guerra Mundial: a primeira desaparición de Iugoslavia}}
 
O 13 de maio de 1990 tivo lugar en Zagreb un partido de fútbol entre o Dínamo de Zagreb e o Estrela Vermella de Belgrado. Os choques entre estes dous equipos iugoslavos, habitualmente rivais nos postos altos da liga do país, sempre foran de alto risco, pero esta vez o encontro dexenerou en violentos incidentes cando os seareiros do Dínamo trataron de saltar os valados cara á zona do estadio onde estaban os seguidores do Estrela Vermella. Rapidamente, estes comezaron a lanzar asentos e anacos de valado sobre os fans do Dínamo, o que fixo innecesaria unha intervención policial. A ''militia'' (policía da época comunista) interveu inmediatamente, cargando contra os seguidores do Dínamo (que, recordemos, era o ''de casa'') co resultado de máis de 60 feridos, incluíndo algúns por arma branca, de bala ou intoxicados polo gas lacrimóxeno.<ref>[http://www.domovinskirat.com/content/view/2831/65/ Domovinski rat On Line! - 13. SVIBNJA 1990<!-- Título generado por un bot -->]</ref>
 
O [[30 de maio]] de [[1990]] o novo Parlamento croata celebrou a súa primeira sesión, na que o presidente Tudjman anunciou a súa intención de aprobar unha nova Constitución (que sería ratificada a finais dese ano) e propuxo multitude de cambios políticos, económicos e sociais, algúns en relación a se os dereitos das minorías serbia e bosníaca serían garantidos ou non. Os dirixentes serbios locais opuxéronse, temendo que a poboación serbia de Croacia se vira ameazada. A súa principal preocupación era que a nova Constitución cambiara o status dos serbios en Croacia, pasando a ser unha 'minoría nacional' en lugar dunha 'nación constituínte'. Isto finalmente sucedeu coa aprobación da Constitución, a finais do ano.
 
En agosto de 1990 celebrouse un referéndumreferendo non oficial nas rexións croatas cunha substancial poboación serbia, que serían posteriormente coñecidas como a [[República Serbia de Krajina]] (RSK), situada na fronteira con [[Bosnia e Herzegovina]], sobre a cuestión da autonomía e soberanía serbias en Croacia.
{{VTVéxase tamén|Historia dos eslavos do sur#Croacia e Eslavonia: As Fronteiras Militares}}
[[Ficheiro:Krajina.png|miniatura|250px|En vermello, [[República Serbia de Krajina]], en [[Croacia]].<br /><small>Á esquerda, na fonteira con [[Bosnia e Hercegovina]]; á dereita, na [[Eslavonia|Eslavonia oriental]]. Nótese a coincidencia coas antigas ''Fronteiras Militares'' de Croacia.]]</small>
 
Liña 44 ⟶ 45:
== As forzas militares ==
 
O Exército Popular de Iugoslavia (JNA) formouse inicialmente durante a [[Segunda Guerra Mundial]], en forma de guerrilla contra a ocupación alemá. O éxito do movimientomovemento partisano iugoslavo levou ao JNA a basear gran parte da súa estratexia operacional nas tácticas de guerrilla.
Dada a peculiar posición política de Iugoslavia en Europa, os planificadores estratéxicos do Exército podían esperar ter que facer fronte a un ataque tanto da [[OTAN]] como das forzas do [[Pacto de Varsovia]]. Esperando ser, en ambos os casos, claramente superado en potencial bélico, o JNA decidiu desenvolver unha estratexia baseada principalmente na guerrilla, o que se demostraría desastroso na guerra que estaba por ver, xa que o JNA encontrouse a si mesmo nun escenario bélico no que debía desempeñar a posición de atacante sen apoio da poboación civil no terreo, xusto o tipo de papel que definira e estudara para un hipotético invasor de Iugoslavia.
[[Ficheiro:1 Pucki Dywizjon Lotniczy MiG-21 bis.jpg|miniatura|250px|Caza [[MiG-21]].]]
Liña 50 ⟶ 51:
Aínda, sobre o papel, o JNA parecía ser unha forza poderosa, con 2.000 tanques e 300 avións de combate (todos eles de fabricación nacional ou soviética). Porén, en 1991 a maioría deste equipamento tiña máis de 30 anos: os modelos máis estendidos, o tanque [[T-54/55]] e o caza [[MiG-21]], que constituían o 60 % e o 40 % das forzas blindadas e da forza aérea, respectivamente.
 
Pola contra, os mísiles anti-tanque (como o [[9M113 Konkurs|AT-5]]) e antiaéreos (como os [[SA-14]]) eran máis modernos e bastante abundantes, e estaban deseñados para destruír armamento moito máis avanzado. Ademais, o JNA era unha forza multinacional: os conflitos políticos e a loita civil supuxeron a deserción de moitsmoitos homes (especialmente entre os cadros de oficiais, moitos deles procedentes das rexións do norte de Iugoslavia, máis desenvolvidas), prexudicando así seriamente a efectividade do Exército.
 
Durante 1991 forzas paramilitares como os ''[[Beli Orlovi]]'', ou os ''[[Srpski Četnički Pokret]]'' desempeñaron un importante papel no ataque ás forzas iugoslavas e serbias.
Liña 116 ⟶ 117:
Firmáronse frecuentes acordos de alto ao fogo, coa mediación de diplomáticos estranxeiros, pero eran habitualmente violados en pouco tempo. Isto foi incluso parte da táctica de ambas as partes. Os croatas perderan moito territorio, pero conseguiran ampliar o exército desde as sete brigadas que tiña no momento da sinatura do primeiro cese das hostilidades, até as 64 das que dispoñía cando se asinou o último alto ao fogo.
 
== 1992 Alto ao fogo finalmente duradoiroduradeiro ==
O último acordo de alto ao fogo promovido pola ONU, o 21º, alcanzosealcanzouse en xaneiro de 1992. Xa en decembro de 1991, tras esta longa restra de treguas fracasadas, as NaciónesNacións Unidas despregaron un destacamento de protección na Croacia ocupada por forzas serbias. A [[UNPROFOR]] despregouse para supervisar e mantenermanter o acordo. O 7 de xaneiro de 1992, o piloto do JNA [[Emir Šišić]] derribou un helicóptero da Comunidade Europea en Croacia, matando a cinco observadores de paz. Croacia foi oficialmente recoñecida pola Comunidade Europea o [[15 de xaneiro]] de [[1992]].
[[Ficheiro:Destroyed tank on the road to Drnis 1.jpg|miniatura|250px|Un tanque serbio destruído polo exército croata na estrada de Drniš.]]
 
Liña 149 ⟶ 150:
Mentres que a maioría destas operacións foron éxitos relativos para o Goberno croata, a fracasada [[Operación Medak]] danou a reputación internacional do país. Isto levou ao exército croata a non realizar máis accións ofensivas durante os seguintes 12 meses. O [[TPII]] da Haia investigou máis tarde aos oficiais croatas [[Janko Bobetko]], [[Rahim Ademi]], [[Mirko Norac]] e outros por crimes cometidos durante esta operación.
 
Aprobáronse diversas resolucións na ONU exixindo a Croacia que se retirara ás posicións que ocupaba previamente e que contivera as operacións militares. Algúns elementos croatas sintíronsesentíronse agraviados, xa que ningunha resolución da ONU exixira aos serbios non atacar Croacia nos comezos da guerra (cando os disturbios eran considerados conflitos internos, non asuntos internacionais). En outubro de 1993, o [[ONU|Consello de Seguridade das Nacións Unidas]] afirmou por primeira vez que as zonas baixo administración da ONU, protexidas pola UNPROFOR, eran parte integral da República de Croacia.
 
As tropas da UNPROFOR xeralmente non fixeron máis nada observar durante o período 1992-1995. Porén, serviron para fixar as fronteiras delimitadas pola guerra. Deste modo, fracasaron no intento de dar aos refuxiados algunha posibilidade de regresar ás súas casas. Estímase que o 98 % da poboación croata residente na Krajina foi expulsada.
 
Durante 1992 e 1993, uns 225.000 croatas, incluíndo refuxiados de Bosnia–HerzegovinaBosnia–Hercegovina e outros proveñentesprovenientes de Serbia, establecéronse en Croacia. Un notábel número de bosniosbosníacos fuxiron, así mesmo, cara a Croacia (que foi nun principio o principal destino dos refuxiados dese país, na acabada de comezar [[guerra de Bosnia]]). Voluntarios croatas e algúns soldados recrutados participaron nesta guerra. Algúns dos máis cercanospróximos colaboradores do Presidente Tudjman, como [[Gojko Šušak]] ou [[Ivić Pašalić]], proviñan da [[HerzegovinaHercegovina]] dominada por croatas, e intentaron axudar aos croatas de Bosnia, financeiramente e doutras formas.
 
Durante este período, Croacia aceptou a 280.000 refuxiados bosnios que fuxían da guerra. O enorme número de refuxiados foi significativamente desgastando a economía e a infraestrutura croatas. O embaixador de Estados Unidos en Croacia [[Peter Galbraith]] tratou nunha entrevista, o 8 de novembro de 1993, de poñer de relevo o elevadísimo número de refuxiados bosniosbosníacos en Croacia, dicindo que a situación sería equivalente a se os Estados Unidos acollesen de golpe 30 millóns de refuxiados.
 
O 18 de febreiro de 1993 as autoridades croatas asinaron o ''Acordo de Daruvar'' cos líderes serbios de Eslavonia Occidental. O acordo mantívose en secreto, e trataba de normalizar a vida da poboación da zona. Porén, as autoridades de [[Knin]] tomaron nota do trato e arrestaron aos líderes serbios responsábeis do mesmo, dado que parecía claro que estaban aceptando unha reintegración pacífica en Croacia.
 
En 1993 os croatas de Bosnia e os bosnios enfrontáronse entre eles, mentres ao mesmo tempo ambos os grupos loitaban contra os serbobosnios. Franjo Tudjman participou nas conversacións de paz entre os croatas de Bosnia e os bosniosbosníacos, que cristalizaron no Acordo de Washington de 1994, reducindo o número de belixerantes en Bosnia a dous.
{{Artigo principal|Guerra de Bosnia}}
 
Liña 182 ⟶ 183:
A natureza deste éxodo discútese aínda hoxe entre serbios e croatas: os primeiros sosteñen que a limpeza étnica foi planexada polo Goberno croata, mentres que os segundos alegan que se respectou a promesa de Tudjman de non atacar aos civís e atribúen os casos de mortes a vinganzas e accións individuais de parte de grupos croatas descontrolados. Porén, o número real de refuxiados é difícil de establecer a causa da pouca fiabilidade das fontes (segundo algunhas delas, o número de refuxiados sería mesmo maior ao de habitantes da zona). En apoio disto, cítanse entrevistas co Xeneral norteamericano Robert Brown, o filósofo francés Alain Finkelkraut ou o escritor estadounidense Roy Gutman, que defenden ao Goberno croata tratando de aclarar o alcance real da situación, así como acreditando que cualquera crime de guerra ou limpeza étnica cometida sería fóra do control do Exército croata. Non obstante, posteriormente algúns oficiais croatas foron procesados por crimes de guerra cometidos durante estas operacións.
 
O exército croata procedeu a loitar contra os serbios en Bosnia, do lado dos bosniosbosníacos, pero a intervención diplomática de Estados Unidos obrigounos a desistir de posteriores e maiores avances. Se o exército croata chegara a ocupar a segunda cidade de Bosnia, [[Banja Luka]], moi preto da fronteira croata, a crise de refuxiados chegaría a ser intolerábel. Probabelmente decenas de miles de persoas tratarían de escapar cara ao leste a través do estreito corredor de Posavin, cara ao leste de Bosnia e cara a Serbia. En conxunto, o censo de 2001 mostra 380.032 serbios menos en Croacia, se o comparamos co de 1991. Algunhas fontes serbias din que estes datos son, incluso, minusvaloracións.
 
Uns poucos meses despois a guerra acabou coa negociación dos [[Acordos de Dayton]] (en [[Dayton]], [[Ohio]]), posteriormente asinados en [[París]] en decembro de 1995.
Liña 311 ⟶ 312:
 
[[Categoría:Balcáns]]
[[Categoría:Europa|Historia de Europa]]
[[Categoría:Historia de Croacia]]