Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 65:
[[Ficheiro:Vukovar turm.jpg|miniatura|150px|esquerda|Un dos primeiros edificios destruídos foi a ''Torre da auga'' en [[Vukovar]].]]
 
En abril de 1991 os serbios de Croacia iniciaron serios movementos cara á secesión. É materia de debate até que punto este movemento tivo orixe local ou estivo promovido desde [[Belgrado]] polo Goberno serbio encabezado por Milošević. En cualqueracalquera caso, autoproclamouse a [[República Serbia de Krajina]], o que foi visto polo Goberno croata como unha rebelión. Usualmente considérase este feito como o comezo da Guerra de Croacia que, por tanto, iniciouse nas zonas do país nas que existía unha substancial porcentaxe de poboación etnicamente serbia.
 
O ministerio croata do Interior comezou, en consecuencia, a armar ás cada vez máis numerosas forzas especiais de policía, convertendo a estas, de facto, nun auténtico exército. o 9 de abril de 1991, o Presidente croata [[Franjo Tudjman]] ordenou rebautizar a estes corpos como ''Zbor Narodne Garde'' ("Garda Popular"), determinando así a creación dun exército separado para Croacia.