Edimburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 224:
 
== Economía ==
'''Edimburgo''' é unha das cidades máis prósperas do [[Reino Unido]]. A cidade goza dunha mellor saúde económica dende [[1999]] cando se creou a sede do Parlamento Escocés na cidade, o cal xerou unha importante cantidade de emprego grazas ás distintas oficinas que existen na cidade. O nivel de [[desemprego]] de Edimburgo é un dos máis baixos do país, e tamén é unha das cidades con máis capacidade de creación de emprego. A poboación de Edimburgo tamén está medrando significantemente, sobre todo grazas á migración extranxeiraestranxeira e particularmente do resto do [[Reino Unido]].
[[Ficheiro:Bank of Scotland HQ.jpg|miniatura|250px|Centro de operacións do Banco de Escocia]]
A economía de Edimburgo baséase en gran parte no [[sector servizos]], o [[turismo]] nos servizos financeiros particularmente importantes, e na educación e nas investigacións de altas tecnoloxías. O Banco de Escocia foi fundado en [[1695]], nun acto no Parlamento Escocés orixinal. O Royal Bank of Scotland foi fundado en [[1747]] por [[Real Cédula]] é constitúe o quinto banco máis grande do mundo por capitalización.
Liña 231:
 
Hoxe en día os centros comerciais e tendas son moi importantes para a economía da cidade. Os centros comerciais ''St James Centre'' e ''Princes Mall'' foron creados nos anos setenta, despois abriu o ''Cameron Toll'' no anos oitenta. Outros máis recentes son o ''Gyle'' preto do ''Edinburgh Park'', o ''Ocean Terminal'' en ''Leith'' e as prazas comerciais de ''Hermiston Gait'', ''Straiton'' e ''Fort Kinnaird''.
[[Ficheiro:Caledonian Brewery.jpg|miniatura|dereita|250px|Fermentaría Caledonian]]
A [[fermentación alcólica]] é unha das industrias tradicionais máis importantes da cidade. Aínda que a fermentaría ''Fountainbridge'' pechou as súas portas no [[2005]], deixou á outra fermentadora, a ''Caledonian Brewery'' como a maior da cidade xunto coa famosa ''Scottish & Newcastle'' que aínda mantén o seu centro de operacións na cidade.