Wikipedia:Biografías de persoas vivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m typo
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 11:
 
Terase especial coidado co contido non enciclopédico e o relativo á vida privada das persoas, que debe ser evitado se non existiren razóns importantes para a súa inclusión.
 
==Ton dos artigos==
As biografías de persoas vivas deben estar escritas de forma responsable e coidadosa, cun ton ausente de paixón, evitando tanto a narración incompleta coma as esaxeracións. Os artigos deben estar documentar de forma [[Wikipedia:Punto de vista neutral|neutral]] a información dispoñible que estea publicada por fontes [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|secundarias]] e [[Wikipedia:Fontes fiables|fiables]] sobre o suxeito do artigo, sendo aceptables as fontes primarias nas circunstancias axeitadas para incluír información autopublicada polo suxeito. As biografías de persoas vivas non deberían conter seccións de "Curiosidades".
 
==Balance dos artigos==
Os eloxios e críticas poden incluírse cando estean referenciadas por fontes secundarias fiables, sempre que o conxunto se presente de forma responsable, conservativa e neutral. Non se debe asignar un espazo desproporcionado a un punto de vista en particular. Os puntos de vista marxinais deben evitarse por completo. O conxunto do artigo debe seguir unha estrutura coidada asegurando que a presentación xeral e as cabeceiras sexan todo o neutral posibles.
 
A idea de que todo artigo da Wikipedia é un traballo en progreso e que polo tanto é aceptable que un artigo non sexa neutral temporalmente xa que será arranxado có tempo non aplica nas biografías de persoas vivas. Debido ao potencial impacto nas propias vidas dos suxeitos, deben ser neutrais e xustas en todo momento.
 
==Páxinas de ataque==
As páxinas sen fontes fiables e con ton negativo, cunha obvia intención de danar ao suxeito, deben borrarse inmediatamente se non existe unha versión neutral á que se poda volver. A creación deste tipo de páxinas, especialmente cando se fai de forma reiterada ou de mala fé, pode dar lugar a un [[wikipedia:Política de bloqueos|bloqueo]] inmediato.
 
==Notas==