Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

m (Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Uu]bicaci[oó]n[ ]*= +|lugar=))
Tampouco presentan [[contraforte]]s os muros laterais. O '''muro meridional''' apenas é visible catro metros por ter engadida a capela. No beirado presenta unha decoración con bolas no chaflán da cobixa, con canzorros de follas, cabeza de felino e outra de bóvido. Tamén se abre cunha seteira. O '''muro setentrional''' semella modificado. Carece de cornixa e de seteiras. Ábrese cunha porta alintelada, o lintel un enorme perpiaño presenta traballado un arco de medio punto e inscrito nel un arquiño pentalobulado (con arcos de ferradura) e no seu interior unha cruz grega.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro 8.JPG|miniatura|dereita|200px|Canzorro erótico]]
O '''muro ocidentaloccidental''' aparece prolongado por un contraforte que semella engadido con posterioridade. Ábrese cunha pequena seteira. No piñón do muro un carneiro cunha cruz trebolada de brazos flexionados.
 
As ábsidas son rectangulares, sendo o central de maiores proporcións. As laterais cóbrense a unha auga e a central a dúas. O muro do testeiro da ábsida central ábrese cunha seteira. No muro lateral setentrional un beiril de chafrán recto con canzorros con cabeza de bóvido, folla picuda con poma, unha gran cabeza humana cuxo copro só se representa coas extremidades inferiores encollidas, un posible felino e un canzorro cun gran baquetón no extremo superior. No muro lateral meridional presenta unha ventá rectangular moderna e unha cornixa similar á do oposto con canzorros que representan: un animal indeterminado, unha cabeza de bóvido, un canzorro de voluta, unha figura humana, un de tema irrecoñecible e unha cabeza de felino.
178.001

edicións