Fusión nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 85.192.106.89 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
A reacción de fusión nas [[Estrela (astronomía)|estrela]]s iníciase coa combinación de catro [[núcleo atómico|núcleos]] de hidróxeno-1 ([[protón]]s) para crear dous de hidróxeno-2. Como resultado, son liberados dous [[positrón]]s ([[electrón]]s positivos) e dous [[neutrino]]s. Estes dous núcleos xúntanse con outros dous núcleos de hidróxeno-1, creando así dous núcleos de helio-3 liberando, simultaneamente, [[radiación gama|radiación gamma]]. Os dous núcleos de helio así formados son inestábeis neste estado e, subsecuentemente, sofren outra reacción nuclear de fusión que resulta nun núcleo de helio-4 e dous de hidróxeno-1.
 
Vale resaltar que hai [[conservación de enerxía]] e, polo tanto, pódese calcular a masa dos catro [[protón]]s e o núcleo de helio, e substraersubtraer a suma das masas das partículas iniciais da masa do produto desta reacción nuclear para calcular a masa/enerxía emitida.
 
Utilizando a ecuación [[E=mc²]], pódese calcular a enerxía liberada, derivada da diferenza de masa. Unha vez que o valor do "c" é moi grande (3 · 10<sup>10</sup> cm/s), mesmo unha masa moi pequena corresponde a unha enorme cantidade de enerxía. Este feito levou moitos enxeñeiros e científicos a iniciar proxectos para o desenvolvemento de [[Reactor nuclear#Reactor Nuclear de Fusión|reactores de fusión]] para xerar [[electricidade]]. (Por exemplo, a fusión duns poucos cm<sup>3</sup> de [[deuterio]], un isótopo de hidróxeno, produciría unha enerxía equivalente á producida pola queima de 20 toneladas de [[carbón]]).