Galego-portugués: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
== Afastamento do galego e do portugués ==
A partir da súa independencia, o [[reino de Portugal]] do [[reino de León]] comezou coa creación dunha norma escrita (unha data importante é a declaración do galego-portugués —daquela chamado «nosa linguage» ou «vulgar»— como lingua oficial da súa administración en [[1290]])por iniciativa do rei [[don Dinis]], cousa que enna Galicia non se elaborou até ben entrado o século XX. Como sinala Azevedo Maia <ref>Ver Bibliografia, capítulo de Conclusións</ref>, axiña as formas escritas en Portugal comezaron a se homoxeneizar baixo a influencia da corte mentres que os escritos galegos van sendo penetrados de [[castelanismos]]. O feito de que a partir de [[1480]] os [[tabelión]]s galegos tivesen que cambiar os seus formularios polos casteláns e tivesen que estudar en [[Toledo]], profundou o proceso de [[castelanización]] dese galego escrito que non aconteceu en [[Portugal]].
 
As diferenzas entre galego e portugués xa proveñen do galego medieval, onde en textos antigos xa se comeza a confundir as sibilantes xordas coas sonoras, conservadas en Portugal, produto do [[castelanización|mencionado anteriormente]], así como outras pequenas variacións en morfoloxía (''disso'' fronte a ''disse''…). Ademais, o avance do galego-portugués cara ao sur e o desprazamento da capital portuguesa introduciron unha serie de elementos novos que deron lugar á situación actual:<ref>* Lindley Cintra, Luís F. [http://www.instituto-camoes.pt/cvc/hlp/biblioteca/novaproposta.pdf ''Nova Proposta de Classificação dos Dialectos Galego-Portugueses''] (PDF) Boletim de Filologia, Lisboa, Centro de Estudos Filológicos, 1971.
</ref>