Novela histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
===Precursores da novela histórica ===
A primeira novela histórica é "Quéreas e Calírroe"<ref>garcía Gual, C. "La antigüedad novelada" ed Anagrama 1995</ref>, un relato romántico de aventuras escrito por Caritón de Afrodisias no século I D. de C. no que a acción transcorre no século V A. de C. na que os personaxes fictricios alternan con outros reais como o rei Artaxerxes I. No século III D. de C. Un descoñecido( o Pesudo Calístenes) escribiu unha "Vida de Alexandre" cincocentos anos despois da morte de [[Alexandre Magno]] que tería gran repercusión na [[Idade Media]] onde se lle coñeceu como o "libro de Alexandre"; da mesma época é a "Vida de Apolonio de Tiana" escrita por Filóstrato por encargo da emperatirz Xulia Domna.
A finais da Idade Media o español Pedro de Corral escribe a "crónica sarracina" onde funde feitos históricos con ficcións. Mentres noutras artes, como no teatro, os dramaturgos aproveitaban fweitos histópricos para as súas ficcións, como W[[illiamWilliam Shakespeare]] nos seus dramas "Xulio César".
 
Durante o Barroco, a francesa Madeleine de Scudéry publicou varias novelas sobre temas contemporáneos a ela pero en decorados históricos, nunha época onde se extendeu certo subxénero de novelas moralistas en lugares do pasado pero con centos de anacronismos. En 1699 François Salignac da Motte Fénelon publica furtivamente "Aventuras de Telémaco", viaxes e aventuras escritas cun propósito didáctico xa que o protagonista pasa por moitos países , esta obra tería moitos seguidores e escribíronse moitas novelas baseándose nel, como o "viaxe do mozo Anarcasis a Grecia" de Jean Jacques Barthélemy, de gran popularidade que contribuiu á fama da Grecia antiga entre os revolucionarios franceses. Na segunda metade do XVIIIpublicáronse sen moito éxito, as chamadas "novelas de anticuario", na que eruditos desplegaban seus coñecementos arqueolóxicos en torno a unha intriga mediocre.
 
Aas ficcións barrocas, influencidadas pola novela de Heliodoro, evocaban unha antigüidade puramente decorativa<ref>Cavaliere, Mauro (2002): As coordenadas da viagem no tempo: uma contribuição para a teoria da ficção histórica baseada em alguns textos portugueses dos séculos XVI, XIX e XX. Tese de doutoramento. Stockholm: Stockholms Universitet, Institutionen för spanska, portugisiska och latinamerikastudier</ref>, Chauteaubriand encetaría un novo subexénero ao publicar "Os mártires do Cristianismo" en 1809.
 
== Historia do xénero ==
Actualmente considérase a Benedikte naubert como a nai da novela histórica<ref>Frauke Reitemeier: Deutsch-englische Literaturbeziehungen: Der historische Roman Sir Walter Scotts und seine deutschen Vorläufer. Schöningh, Paderborn 2001</ref>, esta muller alemá pariu este novo xénero a base de crear tramas en base a feitos históricos con persoaxes secundarios de tales feitos pero moi ben ambientados tanto nos costumes como na análise psicolóxica. [[Walter Scott]] coñeceu a súa obra xa que era tradutor de alemán e publicaría novelas do mesmo xénero que o levarían á fama estendendo este xénero por todo o mundo<ref>Lukács, György, A novela histórica,Berlín 1955</ref>.