Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Reap]], na [[Provincia de Siem Reap|provincia homónima]] de Cambodja, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000 km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5 km de oeste a leste e 1,3 km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura cambodjana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en }}</ref> ), e os sucesivos ''templos de galería''.
 
Dende a súa construción a principios do [[século XII]] e ata o traslado da sede real ao próximo [[Bayon]], a finais do mesmo século, Angkor Wat foi o centro político e relixioso do imperio. O recinto —entre cuxos muros calculouse que vivían 20&nbsp;000 persoas—,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=150}}</ref> cumpría as funcións de templo principal, e albergaba ademais o [[palacio]] real. Outras hipóteses apuntan aque tamén servíu de [[mausoleo]], un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|sp=si|p=118}}</ref> xa que a entrada principal está situada no oeste, como nos templos funerarios hindús.<ref>{{Cita web|url=http://www.lonelyplanet.com/cambodia/travel-tips-and-articles/77381|título=Angkor what? Everything you ever wanted to know about Cambodia’s most iconic temple|páxina-web=Lonely Planet|lingua=en|data=16 de xullo de 2012|lingua=en|data-acceso=3 de setembro de 2015}}</ref>
 
O templo consta de tres recintos rectangulares concéntricos de altura crecente, rodeados por un lago perimetral de 3,6 km de lonxitude e dunha anchura de 200 m. No recinto interior érguense cinco torres en forma de loto, acadando a torre central unha altura de 42 m sobre o santuario,<ref name=ref_duplicada_11>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=52}}</ref> e 65 m sobre o nivel do chan.<ref name=hh />
 
Angkor Wat converteuse nun símbolo de Cambodja, ata o punto de figurar na [[bandeira de Cambodja|bandeira do país]].<ref>{{Cita web |url=https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/cb.html |título=The World Factbook. Cambodia |editorial=[[Central Intelligence Agency]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> O [[14 de decembro]] de [[1992]] foi declarado pola [[Unesco]] ''[[Patrimonio da Humanidade]]''.<ref>{{Cita web |url=http://www.cambodianview.com/documents/articles/Brief_Presentation.pdf |título=Brief_Presentation |editor=Cambodian-Canadian Community in Calgary |dataacceso=20 de xuño de 2015 |ano=2005 |formato=PDF |lingua=en}}</ref>
Liña 32:
Angkor Wat é o máximo expoñente da arquitectura do [[Imperio khmer]], cuxos primeiros templos se remontan ao [[século VI]].<ref name=gris /> O xigantesco ''monte-templo'' foi feito construír polo monarca [[Suryavarman II]], quen reinou dende o ano 1113 ata o 1150. Suryavarman II alcanzou o poder logo de asasinar o daquela rei Dharanindravarman, saltando sobre el mentres o monarca paseaba no seu elefante, polo que algúns historiadores opinan que as colosais dimensións deste templo están motivadas en parte polo desexo de contrarrestar a aparente ilexitimidade do seu reinado.<ref name=natgeo />
 
Segundo conta a lenda, o rei quixo situar o templo nun lugar do agrado dos deuses, polo cal soltou un boi na chaira e decidiu construír o templo no lugar onde se deitase.<ref name=elpais /> Sexa certa a lenda ou non, Suryavarman II estableceu o templo xunto á antiga cidade de ''Yashodharapura''<ref name=ref_duplicada_3>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=151}}</ref> (que en [[sánscrito]] significa «cidade sagrada»),<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Behnke|2008|p=20}}</ref> situada a escasos quilómetros da actual cidade de [[Siem Reap]], e ao igual que os seus predecesores, dispuxo o palacio dentro do recinto amurallado do complexo. Os traballos no templo interrompéronse á morte do rei e non foron continuados, polo que a construción do complexo durou unicamente 37 anos.<ref name=gris>{{Cita web |url=http://huntingtonarchive.osu.edu/seasia/angkor.html |título=Angkor Wat |editor=huntingtonarchive.osu.edu |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
En [[1177]] Angkor foi saqueada polos [[Pobo cham|Cham]], un pobo localizado no actual [[Vietnam]]<ref name=new1 /> e inimigo tradicional dos khmer. Poucos anos despois, coa chegada do rei [[Jayavarman VII]] expulsouse os invasores e ampliáronse as fronteiras do imperio. Este importante rei, cuxo reinado se estendeu desde o 1181 ata o 1220,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=12}}</ref> abandonou o hinduísmo e converteuse ao budismo da rama [[Mahāyāna]],<ref name=new1 /> establecendo a nova capital no próximo [[Angkor Thom]], con [[Bayon]] como novo templo.
 
A finais do [[século XIII]], o rei [[Jayavarman VIII]] retornou ás crenzas hinduístas, destruíndo parte do legado de Jayavarman VII e mellorando algúns templos hinduístas, incluído Angkor Wat.<ref name=ref_duplicada_9>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=13}}</ref> A Jayavarman VIII sucedeulle [[Indravarman III|Srindravarman]] en [[1295]]: este novo rei, que nos anos anteriores fora ordenado monxe budista en [[Sri Lanka]], cambiou novamente a relixión do imperio cara ao budismo, aínda que adoptando esta vez as crenzas da rama [[Theravāda]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|pp=8-13}}</ref> Entre os séculos [[Século XIV|XIV]] e [[Século XV|XV]], o Imperio khmer viu chegar dende Sri Lanka os primeiros monxes budistas Theravadas, que transformarían os templos para a nova relixión. Foi nese tempo cando o templo de Angkor Wat se remodelou para adaptarse ao culto budista [[Theravāda]],<ref name=ref_duplicada_9 /> feitos que sucederon pouco antes do abandono final de Angkor.
 
[[Ficheiro:Angkormonkstouk1.jpg|miniatura|esquerda|150px|Os monxes de Angkor Wat foron os únicos que permaneceron durante os séculos do abandono.]]
Liña 43:
Non se coñecen con certeza as razóns polas que Angkor foi abandonada: unha das máis probables foi a decadencia do [[Imperio khmer]], principalmente a causa das incursións mongolas (1283)<ref name=new1 /> e siamesas (entre 1369 e 1431),<ref name=moles>{{Cita web |url=http://moleskinearquitectonico.blogspot.com/2007/12/angkor-wat-la-octava-maravilla.html |título=Angkor Wat: la octava maravilla |dataacceso=19 de xuño de 2015 |data=12 de decembro de 2007 |editorial=moleskinearquitectonico.blogspot.com |lingua=es}}</ref> que evidenciaron a excesiva proximidade da capital respecto aos invasores, polo que os gobernantes puideron determinar a busca dun sitio máis seguro ao sur do lago [[Tonlé Sap]], nas zonas próximas ás actuais cidades de [[Nom Pen]] e [[Udong]]. Ademais, a proximidade destes novos emprazamentos ao delta e ao [[Mar da China Meridional]] dotábaos dunha mellor situación estratéxica para o comercio e o intercambio marítimo, tan importante nunha rexión onde o transporte por terra practicamente se interrompía na época de choivas. Arguméntase tamén a posibilidade de epidemias ou fames (motivadas quizais pola pequena [[Idade do xeo]] experimentada na [[Idade Media]]),<ref>{{Cita web |url=http://www.southeastasianarchaeology.com/2007/03/14/angkor-killed-by-climate-change-cambodia/ |título=Angkor “killed by climate change” |data=7 de marzo de 2010 |editorial=The Southeast Asian Archaeology Newsblog |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> que obrigaran á monarquía a mover o seu trono cara ao sur. En calquera caso, Angkor foi abandonada no ano 1432, e a nova capital estableceuse en [[Lovek]], cerca da actual [[Phnom Penh]].
 
Non obstante, Angkor foi novamente habitada na segunda metade do século XVI: no ano 1550, o rei Ang Chan (1516–1566) trasladouse a Angkor Thom, aínda que mantivo a capital en Lovek, e uns anos despois, en 1576, o rei Satha trasladou de novo a corte a Angkor. Como consecuencia diso realizáronse diversas tarefas de restauración en Angkor Wat, das que queda constancia nunha inscrición do ano 1577.<ref name=bksp>{{Cita Harvard sen parénteses|Dumarçay|Royère|2001|sp=si|p=114}}</ref> Non obstante, esta nova ocupación de Angkor durou pouco, pois en 1594 os siameses conquistaron o feble imperio cambodjano, e Angkor foi abandonada definitivamente.<ref name=new1 />
 
=== Descubrimento en occidente ===
Liña 49:
Logo do seu abandono a finais do século XVI, Angkor foi sepultada pola selva, coa única excepción do templo de Angkor Wat, que permaneceu habitado por monxes budistas.
 
Aínda persiste a lenda de que Angkor Wat caeu no esquecemento ata que foi redescuberto a finais do [[século XIX]] polo naturalista francés [[Henri Mouhot]], quen se topou co templo accidentalmente mentres cazaba bolboretas.<ref>{{Cita web |url=http://web.archive.org/web/20100109052153/http://www.viajeros.com/diarios/ciudad-de-siem-riep/angkor-wat-angkor-thom-y-ta-prohm |título=Angkor Wat, Angkor Thom y Ta Prohm |editorial=viajeros.com |data=4 de novembro de 2009 |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=es}}</ref><ref name=elpais /> Esta historia é un mito, pois Mouhot non foi o primeiro occidental en visitar o templo, e este nunca foi completamente abandonado, permanecendo na memoria colectiva do pobo khmer e mesmo transcendendo as fronteiras do seu imperio. A primeira visita documentada dun occidental a Angkor Wat tivo lugar no ano 1586, e foi realizada polo [[frade]] [[Orde dos Irmáns Menores Capuchinos|capuchino]] portugués [[António da Madalena]].<ref name=ptg>{{Cita web |url=http://indochina-mon-amour.blogspot.com/2009/08/os-primeiros-chegar-angkor-wat.html |título=Os primeiros a chegar a Angkor Wat |editor=Indochina Mon Amour |data=17 de agosto de 2009 |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=pt}}</ref> As impresións do frade foron recollidas por un funcionario e historiador portugués chamado Diogo do Couto,<ref name=goobk>{{Cita libro |url=http://books.google.es/books?id=XElPGqQmC9QC&pg=PT11&lpg=PT11&dq=%22Diogo+do+Couto%22+angkor+wat&source=bl&ots=9ZwRvnRq2L&sig=j8PoA3L-I9PHIvg0xveYLEChwW0&hl=es&ei=ArtGS4X0BtXM4gbqmu2GAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CBIQ6AEwAg#v=onepage&q=&f=false |título=Angkor Wat. Unearthing Ancient Worlds |apelidos=Behnke |nome=Alison |ano=2009 |lugar=[[Minneapolis]] |editor=Twenty-First Century Books |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en |isbn=978-0-8225-7585-6}}</ref><ref name=ref_duplicada_1>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=70}}</ref> quen as deixaría por escrito:<ref name=ptg /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|pp=1-2}}</ref>
 
{{Cita centrada |...unha construción de tal modo extraordinaria que non é posible describila por escrito, especialmente é diferente de calquera outro edificio no mundo. Posúe torres, decoración e todos os refinamentos que o xenio humano pode concibir.|autor=Diogo do Couto}}
 
[[Ficheiro:Japan angkor.JPG|miniatura|O plano máis antigo conservado de Angkor Wat (século XVII).]]
Tras esta visita, outros pioneiros europeos, especialmente españois e portugueses,<ref name=goobk /> continuaron a visitar as ruínas, aínda que sen obter demasiada repercusión pública.<ref name=ref_duplicada_5>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=40}}</ref> Tamén hai constancia dunha carta de 1668 na que un frade francés de nome Chevreul menciona o lugar. O templo tamén recibiu visitas de oriente: o mapa máis antigo de Angkor Wat está datado entre 1623 e 1636, e é obra dun peregrino xaponés<ref name=ref_duplicada_1 /> de nome Kenryo Shimano.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Behnke|2008|p=12}}</ref>
 
En 1857, o misioneiro francés Charles Emile Bouillevaux foi o primeiro en deixar constancia «moderna» da visita dun occidental a Angkor Wat, ao publicar no seu libro ''Voyage dans l'Indo-Chine 1848–1856'', unha breve recensión sobre a visita realizada ao templo no ano 1850.<ref name=ref_duplicada_1 /> Mais non foi senón ata uns anos despois, en 1860, cando un compatriota seu, o naturalista e explorador [[Henri Mouhot]], conseguiu por fin atraer a atención popular cara a Angkor. Logo dunha viaxe financiada pola ''Royal Geographical Society'' e a ''Zoological Society of London'', os debuxos e a apaixonada descrición do templo rexistrados nos cadernos de viaxe deste naturalista foron publicados postumamente en París en 1868, co nome de ''Voyage dans les royaumes de Siam, de Cambodge et de Laos'' (Viaxe aos reinos de Siam, Cambodja e Laos).<ref name=elpais>{{Cita web |url=http://www.elpais.com/articulo/portada/Camboya/templos/esperanza/elpepusoceps/20080323elpepspor_8/Tes |título=Camboya, templos de esperanza |editorial=[[El País]] |dataacceso=20 de xuño de 2015 |ligazónautor=Ruth Toledano |nome=Ruth |apelidos=Toledano |data=23 de marzo de 2008 |lingua=es}}</ref> Nas súas observacións, o francés exaltaba a beleza e magnificencia do templo:<ref>{{Cita web |url=http://www.cambodianview.com/documents/articles/Brief_Presentation.pdf |formato=pdf |título=Brief Presentation to a Volunteer Group of Glenbow Museum in the Asian Gallery who visited the centre in May 28, 2005 |dataacceso=25 de agosto de 2015 |lingua=en |editorial=Cambodian-Canadian Community in Calgary |autor=Ven. Vodano Sophan Seng}}</ref>
Liña 60:
{{Cita centrada |Un deses templos —rival do de Salomón, e erixido por algún antigo Miguel Anxo—, podería ocupar un honorable lugar entre os nosos edificios máis belos. É maior que calquera dos nosos legados de Grecia e Roma, e presenta un triste contraste co estado de barbarie no que agora se encontra sumida a nación.|autor=Henri Mouhot}}
 
No ano 1863, entre a visita de Mouhot e a publicación dos seus cadernos de viaxe, Cambodja converteuse en protectorado francés, e varios grupos de exploradores chegaron a Angkor: un dos primeiros foi o fotógrafo escocés John Thomson, que traballou tamén para a ''Royal Geographical Society'', e que despois de ler as crónicas de Mouhot decidiu visitar Angkor. En 1866 realizou unha serie de cincuenta fotografías, especialmente de Angkor Wat, que se publicaron un ano despois.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Behnke|2008|p=13}}</ref> Estas fotos, xunto co libro de Mouhot, lanzaron definitivamente á fama o templo de Angkor Wat, mentres o número de viaxeiros e exploradores que chegaban a Angkor seguiu en aumento.
 
=== Restauración ===
[[Ficheiro:Angkor-Wat-from-the-air.JPG|miniatura|300px|Vista aérea do complexo en 2005.]]
En 1898 fundouse a ''École Française d'Extrême-Orient'' co propósito de estudar o patrimonio artístico da [[Indochina]] baixo dominio francés. En 1907 [[Siam]] (actual [[Tailandia]]) cedeu varios territorios a Cambodja, entre os que se encontra a zona de Angkor. A raíz deste feito a conservación dos monumentos pasou a ser responsabilidade da ''École'', que tan só un ano despois iniciou os labores de conservación.<ref name=ref_duplicada_5 /> A tarefa foille encomendada a un militar e administrativo francés chamado Jean Commaille, quen entre 1908 e 1910 decidiu concentrar os esforzos en Angkor Wat.<ref>{{Cita web |url=http://angkor.wat.online.fr/dec-commaille.htm |título=Jean COMMAILLE |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=fr |editorial=angkor.wat.online.fr}}</ref> Logo do asasinato de Commaille en 1916, sucedeulle no posto o arquitecto Henri Marchal, xa un verdadeiro técnico, que levou a Angkor o método da [[anastilose]], aprendido dos neerlandeses durante unha viaxe a [[Xava]] nos anos 30. Marchal foi sucedido por [[Maurice Glaize]] en 1937 e por outros máis tarde,<ref name=ref_duplicada_6>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=41}}</ref> ata que os traballos de restauración da ''École'' foron interrompidos nos anos 70 pola devastadora revolución dos [[Khmers Vermellos]].<ref name=new1>{{Cita web |url=http://www.bayonpearnik.com/Cambodia/SiemReapAngkorWat/TheKingdomOfAngkor.html |título=Cambodia, Siem Reap The Kingdom Of Angkor |editorial=Bayon Pearnik |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
En 1993, un ano despois da declaración de Angkor como ''Patrimonio da humanidade'', e a raíz dunha conferencia intergobernamental en [[Toquio]], estableceuse un Comité de Coordinación Internacional para restaurar e preservar o patrimonio de Angkor, presidido por xaponeses e franceses. Paralelamente, o goberno cambodjano creou a ''APSARA'' (Autoridade para a xestión e protección de Angkor e a rexión de Siem Reap) co obxectivo de obter o status permanente de ''Patrimonio da humanidade'' por parte da [[UNESCO]]; un status que se conseguiu no ano 1995.<ref>{{Cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/apsara.html |título=APSARA. Authority for the Protection and Management of Angkor and the Region of Siem Reap |dataacceso=20 de xaneiro de 2015 |lingua=en |editorial=APSARA}}</ref>
 
Diversos equipos de varios países teñen participado, ou participan aínda, nos labores de restauración no templo: un equipo alemán encargouse de restaurar os relevos de [[apsara]]s; un equipo italiano encargouse do lago, e varios equipos xaponeses teñen realizado distintas intervencións, destacando as restauracións da esquina norte do muro oeste (iniciada en 1995)<ref>{{Cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/apsara/about_apsara/projects/sophia.htm |título=Sophia Asia Center for Research and Human Development Projects |editorial=APSARA |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> e da biblioteca norte.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=42}}</ref>
 
Do mesmo xeito que noutros templos de Angkor, a maioría dos labores de restauración lévanse a cabo mediante o método da «reintegración» ou anastilose;<ref name=moles /> un proceso de reconstrución consistente en recolocar as pezas orixinais derruídas, ou nalgúns casos mesmo en elaborar de novo as pezas faltantes —sempre e cando exista información suficiente para facelo fielmente—.<ref>{{Cita novas |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-19279491 |título=Restoring ancient monuments at Cambodia's Angkor Wat |nome=Guy |apelidos=De Launey |data=21 de agosto de 2012 |xornal=BBC |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> Outra técnica empregada consiste en desmontar peza por peza o monumento para proceder á súa limpeza e/ou a súa consolidación, para posteriormente restituílo ao seu estado orixinal.
Liña 76:
Recentemente alertouse sobre a presenza dunha bacteria que podería estar acelerando a degradación da superficie das pedras, e cuxa proliferación podería deberse á ausencia duns minúsculos liques eliminados durante os labores de limpeza e restauración.<ref>{{Cita web |url=http://www.southeastasianarchaeology.com/2008/07/01/conservation-the-war-on-the-microbiological-front/ |título=Conservation: The war on the microbiological front |editorial=The Southeast Asian Archaeology Newsblog |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> Estas películas microbianas foron encontradas amais de en Angkor Wat en Preah Khan, en Bayon, e noutros templos de Angkor. A deshidratación e a resistencia á radiación das cianobacterias filamentosas poden producir ácidos orgánicos que degradan a pedra. Un fungo filamentoso negro foi encontrado en mostras internas e externas de [[Preah Khan]], mentres que a alga ''[[Trentepohlia (alga)|Trentepohlia]]'' foi encontrada só en mostras tomadas na pedra rosada exterior de Preah Khan.<ref>{{cita publicación periódica|título=Microbial biofilms on the sandstone monuments of the Angkor Wat Complex, Cambodia|xornal=Current Microbiology|data=Febreiro de 2012|páxinas=85–92|volume=64|autor1=Gaylarde CC|autor2=Rodríguez CH|autor3=Navarro-Noya YE|autor4=Ortega-Morales BO|doi=10.1007/s00284-011-0034-y|pmid=22006074|issue=2}}</ref>
 
Tampouco as primeiras intervencións francesas no templo estiveron exentas de críticas: varias das actuacións máis antigas, efectuadas sobre monumentos cuxa integridade estrutural estaba ameazada, resolvéronse de xeito apresurado e sen os medios axeitados. Como resultado, hoxe en día poden verse piares reforzados con abrazadeiras metálicas oxidadas, emplastos de formigón reenchendo ou mesmo rodeando piares danados, ou barras de aceiro embutidas na pedra;<ref name=criti /> unhas intervencións procedentes da época de Henri Marchal, e xeralmente desculpadas como un «mal menor».<ref name=ref_duplicada_6 /> Non obstante, unha das intervencións francesas máis criticadas foi a reconstrución dun antigo [[artesoado]] de madeira empregando formigón en lugar do material orixinal, unha obra realizada na galería sur do templo en tempos máis recentes. Ao parecer, o teito de madeira orixinal desapareceu na década de 1970, empregado polas guerrillas dos Khmers Vermellos para facer lume. Non foron estes os únicos danos contemporáneos que sufriu o templo: tamén un proxectil perdido estadounidense destruíu accidentalmente un dos pavillóns.<ref name=criti/> Non obstante, os maiores danos proceden da pillaxe e o contrabando de antigüidades que padeceu o templo nas últimas décadas, especialmente durante a década de 1990.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|pp=42-43}}</ref> Afortunadamente, a concienciación popular e a crecente vixilancia, tanto por parte gobernamental como pola UNESCO, parecen estar mellorando ostensiblemente a situación.<ref>{{Cita web |url=http://web.archive.org/web/20090304155511/http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=2059&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html |título=Heritage: Angkor's role in the search for a lost unity |editorial=[[UNESCO]] |data=28 de maio de 2002 |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:Angkor-wat-central.jpg|miniatura|Maqueta do templo central.]]
Dende un punto de vista estilístico, o templo está encadrado dentro do chamado «estilo angkoriano»,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=31}}</ref> que é a etapa artística máis madura e refinada na evolución da arquitectura khmer, así como a última de influencia hinduísta.
 
Os templos khmeres non se concibían como lugares para a reunión dos fieis, senón que servían de morada para os deuses, polo que tan só a elite relixiosa e política do país tiña acceso aos recintos centrais.<ref name=moles /> Angkor Wat presenta amais a particularidade de ser un templo cuxa finalidade última era a de servir de tumba para o rei. Esta formulación dos templos khmeres provoca que as súas zonas máis sagradas carezan de grandes entradas ou espazos cerimoniais, e que pola contra se centre a atención na percepción exterior do templo. Tanto as terrazas como as torres de Angkor Wat están deseñadas para ser percibidas harmoniosamente dende o exterior, e as súas alturas e modulación teñen en conta os efectos da [[Perspectiva (visión)|perspectiva]]. Nos ''prasat'' empréganse estratexias como a de reducir paulatinamente a altura das sucesivas terrazas ou o tamaño dos detalles na torre a medida que a construción se eleva: isto produce no observador a sensación de encontrarse ante unha construción máis alta do que realmente é.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=25}}</ref> Tamén a relación entre a distancia e a altura das torres de Angkor Wat está calculada para presentar unha escenificación homoxénea dende a entrada do templo, sen que os elementos máis próximos cheguen a ocultar os máis afastados.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=54}}</ref>
 
Angkor Wat materializa o esquema «clásico» do templo-monte khmer da etapa angkoriana, consistente nun ''prasat'' (templo piramidal) central, rodeado de varios patios concéntricos de altura descendente e forma cuadrangular (pois o cadrado simbolizaba a perfección),<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=42}}</ref> e rematados nas súas esquinas con novos templos menores. Completan o conxunto dúas bibliotecas exentas en simetría co eixo central, sendo todo iso finalmente circunvalado por un novo muro e un lago.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|pp=23-24, 31}}</ref> Esta configuración recrea un microcosmos do universo hindú: o seu gran lago perimetral evoca os océanos, mentres que os distintos recintos concéntricos simbolizan as distintas alturas do [[monte Meru]]. Os ''prasats'' ou torres piramidais simulan os picos das montañas, sendo o ''prasat'' central o propio monte Meru, e os demais as montañas que o circundan.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=23}}</ref> O propio percorrido, coas súas sucesivas subidas a través de empinadísimas escaleiras, representa a ascensión ao monte.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=48}}</ref>
 
A construción, de 1&nbsp;500 × 1&nbsp;300 m de lado, ocupa unha extensión rectangular de aproximadamente 200 [[hectárea]]s, incluíndo un lago perimetral de 190 m de ancho. O complexo pode dividirse en dúas zonas diferenciadas: o gran recinto exterior delimitado polo muro perimetral, e a plataforma central sobre a que se elevan o conxunto de tres recintos concéntricos, e que constitúen o «templo» en si.<ref>{{Cita libro|título=Cambodia|lingua=en|apelidos=Welman|nome=Frans|ISBN=9786162450679|editorial=Booksmango|páxina=83}}</ref><ref>{{Cita libro|título=The Oxford Companion to Archaeology|lingua=en|apelidos=Silberman|nome=Neil Asher|ano=2012|editorial=OUP USA|ISBN=9780199735785|páxina=134}}</ref>
Liña 91:
==== Recinto exterior ====
[[Ficheiro:Angkor Wat M2.png|miniatura|esquerda|Planta xeral de Angkor Wat.]]
O recinto exterior, rodeado polo lago, ten unhas dimensións de 1&nbsp;025 × 800 m, ocupando 82 hectáreas. O perímetro do lago, que ten unha lonxitude total de 5,5 km, está feito con varias ringleiras de pedra postas en bancada.<ref name=apsara /> Dúas pasarelas de 12 m de ancho e adornadas cunha [[balaustrada]] coa típica forma de ''[[Naga]]'' (serpe mítica con aspecto de cobra e 5 ou 7 cabezas),<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=235}}</ref> cruzan o lago ao leste e ao oeste, permitindo a entrada e a saída ao templo.
 
O recinto está pechado por un muro de [[laterita]] de 5 m de altura<ref name=hh>{{cita web |url=http://web.archive.org/web/20101209062116/http://www.ourworldwonders.com/AngkorWat/History.htm |título=Angkor Wat History |editorial=OurWorldWonders.com |dataacceso=4 de xullo de 2015 |lingua=en}}</ref> sobre o que se asenta un pórtico de 235 m de lonxitude que posúe un corredor con columnas na súa parte exterior. No pórtico destacan tres torres marcando senllas entradas: a principal consiste nunha ''[[gopura]]'' ou pavillón de entrada, precedida por un pequeno soportal, flanqueada por dúas entradas menores, habilitadas ao parecer para permitir o paso dos elefantes e as carruaxes.<ref name=apsara /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=152}}</ref>
 
Quizais por ser un templo funerario para o rei, ou quizais por estar adicado ao deus Vishnú (asociado ao cuadrante oeste do universo),<ref name=ref_duplicada_3 /> Angkor Wat, ao contrario que o resto de templos, oriéntase cara ao oeste.<ref name=hh /> Por este motivo, a dirección das historias narradas nos relevos do templo han de lerse no sentido contrario ás agullas do reloxo.<ref name=apsara />
 
Dende a entrada oeste ata os tres recintos concéntricos do templo central desenvólvese un camiño elevado de 10 m de ancho e 352 m de lonxitude,<ref name=gris /> tamén flanqueado con ''nagas''. Cada 50 m a balaustrada interrómpese con dúas escaleiras simétricas que permiten descender o metro e medio que separa o camiño do chan. No amplo terreo deste primeiro recinto situábase o palacio real e aloxábase a poboación permanente do templo, mais debido ao perecedoiro das estruturas nas que habitaban, hoxe en día case non quedan vestixios, á parte dos edificios de pedra exentos que cumprían a función de bibliotecas, situados tamén de xeito simétrico ao camiño central. Os dous grandes lagos rectangulares de aproximadamente 50 m de anchura que aparecen ao final deste percorrido central foron construídos con data posterior ao templo orixinal.<ref name=ref_duplicada_4>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=155}}</ref> Actualmente o terreo alberga amais un pequeno asentamento de monxes budistas e outro pequeno poboado no lado oposto do templo, todos eles de construción moito máis recente e sen interese arquitectónico.
 
O camiño desemboca nunha terraza de planta cruciforme con dous niveis, e esta á súa vez conduce á gran plataforma de 258 × 332 m sobre a que se asenta o templo central.<ref>{{Cita web|url=http://www.art-and-archaeology.com/seasia/angkorwat/awsite.html|título=Angkor Wat Site|lingua=en |dataacceso=31 de agosto de 2015}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Angkor, cité khmère|lingua=fr|ano=2006|nome1=Claude|apelidos1=Jacques|nome2=Michael|apelidos2=Freeman|editorial=Editions Olizane|ISBN=9782880863470|páxina=47|url=https://books.google.com.mx/books?id=YwTq5weaqCwC&dq=Angkor+Wat+258++332+m&source=gbs_navlinks_s}}</ref>
Liña 105:
O núcleo de Angkor Wat, ou o templo principal, denomínase ''Bakan''. Este templo sufriu unha transformación a finais do século XVI para acomodarse aos requisitos das [[estupa]]s budistas.<ref name=apsara /> O templo apóiase sobre unha gran plataforma, e está dividido en tres recintos de altura crecente, delimitados por corredores columnados e con pavillóns nos extremos: o terceiro recinto, ou recinto exterior, carece de torres, e os seus relevos están adicados ao rei construtor do templo, Suryavarman II. Os recintos segundo e terceiro si posúen torres sobre os seus pavillóns. O recinto segundo carece de baixorrelevos, mentres que os relevos do primeiro están adicados ao deus Vishnú.<ref name=gris />
 
Aínda que os recintos son concéntricos, non son totalmente simétricos: entrando polo leste existe máis espazo entre o segundo e o terceiro recinto (o máis exterior). Neste lado abríronse tres entradas en lugar da única entrada practicada no resto de orientacións. Tres galerías comunican o terceiro recinto co segundo, continuando cada unha das tres entradas do lado leste. Unha galería conecta perpendicularmente as tres galerías polo seu punto medio, creando unha estrutura cruciforme denominada ''Preah Poan''.<ref name=apsara /> Entre as galerías de Preah Poan aparecen catro foxos que orixinalmente estaban inundados e que eran empregados con fins rituais. Nos séculos posteriores, esta zona do templo adquiriu especial relevancia, ao servir como lugar de almacenamento para multitude de estatuas de Buda, recibindo o nome de «galería dos mil budas».<ref name=ref_duplicada_10>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=168}}</ref> A gran maioría destas estatuas foron saqueadas, ou retiradas por motivos de seguridade a principios da década de 1970.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=51}}</ref> Ao norte e sur do Preah Poan aparecen dúas novas bibliotecas exentas.
[[Ficheiro:Angkor Wat, Camboya, 2013-08-16, DD 095.JPG|miniatura|esquerda|200px|Escaleiras de acceso ao primeiro recinto.]]
 
Accédese ao segundo recinto subindo unhas empinadas escaleiras, que segundo a iconografía hindú simbolizan o ascenso á montaña dos deuses. No segundo recinto, de 115 × 100 m, tamén aparecen dúas novas bibliotecas máis pequenas. Este segundo recinto ou nivel xa non era accesible para o pobo, polo que a súa arquitectura cambia: os muros exteriores son cegos, e a galería só se abre ao interior mediante fiestras atravesadas por columnas de complexo relevo. Dentro do segundo recinto aparece a plataforma do recinto central, elevada entre 11 e 13 metros segundo as distintas fontes, e á que se accede mediante empinadísimas escaleiras con pendentes en torno aos 70°,<ref name=ref_duplicada_8>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=170}}</ref> salvo no lado oeste, seguindo a dirección principal, onde a pendente é de 50°.<ref name=ref_duplicada_11 />
 
O primeiro recinto, accesible só para o rei e o sumo sacerdote, é un cadrado de 60 metros de lado que contén, dispostos en [[quincuncio]], os cinco ''prasat'' ou templos piramidais que representan os picos do monte Meru.<ref name=ref_duplicada_7>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=172}}</ref> Os cinco templetes están conectados entre si mediante novos corredores que xeran catro patios, similares aos do ''Preah Poan''. O ''prasat'' central é maior que os demais, e na súa base alberga un amplo nicho de 4,6 m de lado onde se aloxaba unha estatua de Vishnú.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=22}}</ref> O nicho dispuña orixinalmente de aperturas aos catro puntos cardinais, mais logo da reconversión ao culto budista, trasladouse a estatua e cegáronse as portas para esculpir nelas imaxes de Buda.
 
En [[1908]] abriuse unha das catro entradas do ''prasat'' central, e en [[1934]] descubriuse un foxo de 25 m de profundidade baixo o lugar onde debía ter descansado a estatua de Vishnú. O foxo gardaba unicamente dúas follas de ouro e catro máis pequenas xunto con dous zafiros brancos,<ref name=ref_duplicada_7 /> polo que se cre que o tesouro foi saqueado con anterioridade.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=54}}</ref>
 
=== Decoración ===
Liña 118:
A maior parte das paredes do templo están decoradas con [[friso]]s en [[baixorrelevo]]s de gran tamaño e moi boa factura.
 
Os baixorrelevos do recinto exterior, que adornan o corredor columnado perimétrico (ou quizais, mellor dito, para cuxo visionamento se habilitou o corredor perimétrico), teñen dous metros de altura e ocupan unha extensión total de máis de 1&nbsp;000 m².<ref name=apsara /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=28}}</ref> A parte nordés do recinto exterior quedou sen esculpir á morte de [[Suryavarman II]], sendo finalizada no [[século XVI]] con baixorrelevos de inferior calidade artística.<ref name=apsara /> Coa excepción do muro sur, adicado ao rei, os relevos narran historias dos libros [[épica|épicos]] hindús [[Ramayana]] e [[Mahabharata]], e polo menos dende o século XVI estiveron [[policromía|policromados]], e mesmo puideron recibir algún tipo de verniz protector.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|pp=156-157}}</ref> Actualmente só se aprecian restos parciais de cor en zonas puntuais: coñécese a existencia de canto menos tres colores: vermella, negra e dourada.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=157}}</ref>
 
Entre os motivos esculpidos destaca a abundancia de figuras femininas: algunhas fontes falan de ''devatas'', ou deusas femininas hindús, das que se contabilizan 1&nbsp;500 en todo o templo,<ref name=ref_duplicada_4 /> e outras de ''[[apsaras]]'' ou bailarinas celestiais, contabilizándose unhas 2&nbsp;000.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=50}}</ref>
 
Practicamente toda a superficie do templo está ornamentada: nas zonas onde non aparecen baixorrelevos escúlpense formas e adornos arquitectónicos e xeométricos de gran complexidade, e do mesmo xeito que sucedeu noutros lugares do mundo, a talladura en pedra importou parte do seu repertorio formal dos materiais tradicionais: é común observar como nos tellados das galerías a pedra se esculpe imitando tellas cerámicas,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=27}}</ref> e tamén as portas e fiestras de pedra imitaban as formas xeradas polos seus equivalentes en madeira. No repertorio formal do templo aparecen tamén motivos florais, limitados a decorar esquinas.<ref name=eb />
 
==== Baixorrelevos exteriores ====
[[Ficheiro:Angkor Wat, Camboya, 2013-08-16, DD 089.JPG|miniatura|150px|Galería dun dos frisos exteriores.]]
[[Ficheiro:Angkor Wat 005.JPG|miniatura|150px|[[Ravana]] loitando na batalla de Lanka.]]
Os baixorrelevos do recinto exterior divídense en oito enormes escenas principais (dúas escenas por muro) e varias escenas menores, situadas nos pavillóns das esquinas. Recorridas dende a entrada principal e en sentido antihorario, as escenas principais denomínanse:<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|pp=54-67}}</ref>
 
* Batalla de Kurukshetra.
Liña 150:
Aínda que o muro exterior foi construído con [[laterita]],<ref name=ref_duplicada_3 /> e algunhas fontes falan tamén de usos esporádicos de [[limonita]],<ref name=eb>{{cita web |url=http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=98878&pageno=41 |título=Angkor |enciclopedia=[[Encyclopaedia Britannica]] |editorial=Project Gutenberg |edición=11ª |volume=2 (Parte 1) |autor=Varios |dataacceso=4 de xullo de 2015 |lingua=en}}</ref> o templo está edificado case na súa totalidade en [[arenito]]. Os bloques, que chegaban a pesar catro toneladas,<ref name=albanese1 /> eran transportados por canles dende unha canteira situada a 40 km ao nordeste do templo. Calcúlase que o volume de pedra empregado (5 millóns de toneladas) é equivalente ao empregado para a construción da [[pirámide de Quefrén]], en [[Giza]], o que tivo que requirir milleiros de traballadores. Un enxeñeiro contemporáneo estimou que a construción de Angkor Wat na actualidade requiriría 300 anos,<ref>{{Cita libro |título=Time Life Lost Civilizations series: Southeast Asia: A Past Regained |ano=1995 |páxinas=67-99,116,117,132,133}}</ref> mentres que o templo real foi construído en menos de 40.
 
As pezas de arenito eran coidadosamente labradas para encaixar perfectamente, xa que na maior parte da construción non se empregou ningún tipo de [[argamasa]],<ref name=hh /> empregándose en ocasións mesmo sistemas de [[agargalado]] do tipo [[caixa e espiga]] para mellorar a cohesión entre as pezas. Nos puntos onde se fixo uso de pastas de unión puideron terse empregado resinas.<ref name=moles /> Os khmeres coñecían as argamasas, que confeccionaban cunha mestura de [[cal]], azucre de palma, e zume de lianas;<ref name=albanese1>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=52}}</ref> unha técnica herdada de séculos anteriores, cando empregaban [[ladrillo]]s para construír os seus templos. Non obstante as argamasas caeron en desuso a partir do [[século X]], e apenas se empregaron en Angkor Wat.
 
Empregouse laterita nos cimentos, plataformas e nos muros exteriores de cerramento. Estas pedras cortábanse en tamaños que oscilaban entre os 30 × 40 × 60 cm e os 40 × 50 × 80 cm, se ben encontráronse pezas de ata 2 m de lonxitude.<ref name=albanese1 /> Posto que o acabado da laterita é excesivamente basto, os ocos practicados nos muros deste material rematábanse con arenito. Moitos arqueólogos están convencidos de que os paramentos de laterita que hoxe están ao descuberto deberon estar guarnecidos con [[estuco]], e probablemente tamén pintados.<ref name=book2 />
 
Tamén se documentou o emprego de madeira nalgúns teitos do templo, así como tellas cerámicas e de chumbo.<ref name=book2>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=29}}</ref>
 
Como norma habitual, os [[baixorrelevo]]s que decoran as paredes do templo non se engadían con posterioridade, senón que se esculpían ''in situ'' directamente sobre a rocha do templo, como testemuña o templo inacabado de [[Ta Keo]], onde se aprecia a volumetría xa rematada das torres, aínda que nunca chegaron a ser esculpidas.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Dumarçay|Royère|2001|sp=si|p=68}}</ref>
[[Ficheiro:Camboya 251 2.jpg|miniatura|200px|Cuberta en [[falsa bóveda]] na zona de Angkor.]]