Diferenzas entre revisións de «Número UN»

sen resumo de edición
{{entradución}}
Os '''números UN''' ou '''números da ONU''' ou '''identificadores UN''' son números de catro díxitos que identifican as [[substancia perigosa|substancias perigosas]], e outras mercadorías (como explosivos, líquidos inflamables, substancias tóxicas, etc.) coa finalidade de que sexan utilizados para identificalas durante o seu transporte internacional.
Algunhas substancias perigosas teñen o seu propio número UN (por exemplo, o da [[acrilamida]] é UN2074), mentres que ás veces se lle dá un mesmo número a todo un grupo de substancias químicas ou produtos que teñen similares propiedades (por exemplo, os líquidos inflamables, se non seespecificase especifica outra cousa, levan o número UN1993). Un composto químicoen estadosólido pode recibir un número distinto que cando está en estado líquido se as súas propiedades en canto á erigosidade son significativamente diferentes. As substancias con diferentes niveis de pureza (ou concentración en solución) pode tamén recibir diferentes números UN.
 
Os números Un van desde o UN0001 a aproximadamente o UN3518 e son asignados polo Comité de Expertos da [[Organización das Nacións Unidas]] sobre o Transporte de Mercadorías Perigosas. Publícanse como parte das súas ''Recomendacións sobre o Transporte de Mercadorías Perigosas'', tamén coñecido como o ''Libro Alaranxado''. Estas recomendacións adóptanse pola organización reguladora responsable de cada modo de transporte.
176.564

edicións