Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Hungría: enfrontáronse
→‎Hungría: arranxiños
Liña 137:
 
=== Hungría ===
[[Ficheiro:John II Sigismund.jpg|thumbminiatura|180px|leftesquerda|Conde húngaro [[Xoán Segismundo de Zápolya]], Príncipe de Transilvania.]]
A reforma estendeuse rápidamente por toda Europa, e en particular no reino de Hungría, onde adquiriu connotacións políticas moi serias. Os húngaros enfrontáronse os turcos otománs durante varios séculos, ata que finalmente na [[Batalla de Mohács]] en [[1526]], os musulmáns derrotaron os húngaros e morreu o rei [[Luís II de Hungría]] (xa na época do rei Luís II, o poder real enfrontarase os protestantes húngaros que pretendían contrapoñerse ao catolicismo).
 
Liña 145:
 
No ano de [[1541]] publicouse a primeira tradución ao húngaro do [[Novo Testamento]], obra do monxe ''Xoán Sylvester'' e logo en [[1590]] o pastor protestante [[Gáspár Károli]] publicou a primeira [[Biblia]] completa en húngaro, coñecida como a ''Biblia de Károli''. Os príncipes transilvanos promoveron as escolas protestantes, as cales eran cada vez máis populares en cidades como [[Bratislava]], [[Sopron]], Szárlőrinc, [[Sárvár]], da mesma maneira que nos asentamentos [[saxóns]] do Principado húngaro independente. Ao mesmo tempo, o novo movemento relixioso protestante de [[Jean Calvin]], coñecido como [[Calvinismo]] continuou coa misión do luteranismo e pronto a rexión Nor-Leste do Reino húngaro mergullouse a tal punto na nova confesión relixiosa, que a cidade de [[Debrecen]] era denominada naquela época "A Roma Calvinista".
[[Ficheiro:FerencDavid.jpg|thumbminiatura|150px180px|leftesquerda|Relixioso húngaro [[Ferenc Dávid]] fundador do [[Unitarismo]] en [[Transilvania]].]]
Un dos pensadores protestantes máis significativos foi o pastor húngaro [[Ferenc Dávid]] ([[1510]] - [[1579]]), quen primeiro profesou o luteranismo e logo o calvinismo, posteriormente volveuse un gran defensor do anti-trinitarismo, é dicir, non aceptaba a existencia da [[Santa Trindade]], e deste xeito, pronto se converteu no fundador do [[unitarismo]] en Transilvania, agregando aínda unha confesión relixiosa máis ao gran mosaico existente naquel tempo. A diversidade relixiosa no principado alcanzou tales niveis, que o Príncipe [[Xoán Segismundo Szapolyai]], de confesión protestante, aconsellado polos seus relixiosos, convocou á Gran Asemblea transilvana na cal sancionouse o [[Edicto de Turda]] en [[1568]]. Este documento rezaba que todas as confesións relixiosas cristiás eran aceptadas por igual no Principado húngaro. Así, este sería o primeiro Estado no mundo en recoñecer a diversidade de culto cristián: [[catolicismo]], [[luteranismo]], [[calvinismo]] e [[unitarismo]].<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/152556/Ferenc-David Ferenc David, Enciclopedia Britannica (en inglés)]</ref>
[[Ficheiro:GabrielBethlen.jpg|thumbminiatura|180px|right|Conde húngaro [[Gabriel Bethlen]], Príncipe de Transilvania.]]
Posteriores príncipes como o barón húngaro [[Esteban Bocskai]] ([[1605]] - [[1606]]) e o conde húngaro [[Gabriel Bethlen]] ([[1613]] - [[1629]]) foron fortes defensores do protestantismo en Transilvania e Hungría, catapultando aos húngaros a un nivel cultural, socio-político e económico de desenvolvemento á vez con Francia, o Imperio Xermánico e Inglaterra. Eles conduciron guerras de independencia contra os Habsburgo, e inglusive Gabriel Bethlen participou na [[Guerra dos Trinta Anos]] ([[1618]] - [[1648]]) apoiando a confederación protestante.<ref>Bertényi, I. , Diószegi, I. , Horváth, J. , Kalmár, J. y Szabó P. (2004). Királyok Könyve. Magyarország és Erdély királyai, királynői, fejedelmei és kormányzói. Budapest, Hungría: Helikon Kiadó. </ref>
 
A situación relixiosa na rexión central do reino húngaro inclinábase igualmente cara ao protestantismo, pois aí eran raramente vistos os sacerdotes católicos. Os predicadores protestantes contaban coa protección dos otománs, quen en realidade non se entrometían nos conflicitos relixiosos dos cristiáns, senón que o único que lles importaba era que estes pagasen os impostos aos turcos. Como era de supoñerse, na rexión do reino húngaro baixo control xermánico, o catolicismo mantívose con gran fortaleza, e aínda que os predicadores protestantes eran comúns, a influencia do rei Habsburgo non permitía a súa predominancia.
 
Posteriormente os Habsburgo introduciron en Hungría a contrarreforma católica, e a ardua labor dos xesuitasxesuítas como o cardeal [[Pedro Pázmány]] lograron a paulatina conversión de gran parte da poboación ao catolicismo (con todo, Transilvania permanecerá, a grandes liñas, protestante ata a época actual).
 
=== Países Baixos ===