Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Inglaterra: arranxiños
m →‎Suíza: arranxiños
Liña 92:
Este era un francés que estudara [[teoloxía]] en varias universidades, entre elas a de [[París]]; aínda que ao principio acepta algunhas das ideas luteranas, moi pronto pensa que Lutero conservou demasiadas cousas da Igrexa católica que debían ser suprimidas. Calvino tamén opina que o home debe acceder á fe por medio da lectura da Biblia, pero considera que se debían de eliminar todos os sacramentos da Igrexa católica, incluíndo os tres que conservara Lutero. Para el todas as imaxes debían ser eliminadas dos templos relixiosos.
 
Calvino tamén pensaba que non debían existir nin sacerdotes nin bispos e que os xefes relixiosos debían ser [[Pastor (relixión)|pastores]] elixidos pola [[congregación]]; pero a teoría relixiosa máis importante que Calvino predicou como produto da súa libre interpretación da Biblia é a [[Predestinación]]: segundo esta teoría o home por siel mesmo non pode facer nada para alcanzar a salvación, nin pola fe nin polas obras, senón que antes de nacer Deus xa elixiu a un home para a condenación ou a salvación e o home non pode facer nada para cambiar o designio divino. Na sociedade humana pódese distinguir aos homes elixidos para a súa salvación nos que levan unha vida virtuosa e sen pecado e nos que teñen riquezas e éxito material na vida, pois iso é signo da protección de Deus.
 
Calvino empezou a expoñer as súas ideas en París, pero como Francia era católica tivo que fuxir do Reino e refuxiarse no estranxeiro. Xa empezaba a ser coñecido entre os protestantes europeos como un home firme e enérxico, un gran teólogo e un bo organizador que sabía dirixir aos homes, e por esta razón foi chamado polos protestantes de Xenebra.
 
Cando Calvino chega a Xenebra, toma a decisión de que sise quere impoñer unha nova "igrexa" que adopte os seus puntos de vista relixiosos ten que controlar o goberno da cidade; intenta dar ordes ao consello municipal, que termina por expulsalo de Xenebra.
 
Con todo, a situación en Xenebra continuaba sen aclararse, as autoridades da cidade eran incapaces de organizar unha "Igrexa" nova e Calvino seguía tendo partidarios na cidade; estes partidarios convencen ás autoridades de Xenebra para que permitan o regreso de Calvino a Xenebra coa promesa de que non se entrometerá no goberno político da cidade. E as autoridades autorizan o regreso de Calvino a Xenebra en [[1541]].