Diferenzas entre revisións de «Peixe martelo»

m
Bot: Substitución automática de texto (-regnum = ''Animalia'' +regnum = Animalia); cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-regnum = ''Animalia'' +regnum = Animalia); cambios estética)
| image = Sphyrna zygaena noaa.jpg
| image_width = 250px
| regnum = ''[[Animalia]]''
| phylum = ''[[Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
}}
 
O '''peixe martelo''',<ref name=RP>Ríos Panisse (1977), pp. 185-186.</ref> <ref name=RS>Rodríguez Solórzano ''et al.'' (1983), p. 42.</ref>tamén coñecido como '''martelo''',<ref name=RP></ref> '''cornuda''',<ref name=RP></ref> <ref name=LV>Lahuerta e Vázquez (2000), p. 183.</ref> e como '''tiburón martelo''',<ref name=RV>Rodríguez Villanueva ''et al.'' (1992), pp. 68-69.</ref> <ref name=LV></ref> debido á súa peculiar característica de ter a [[cabeza]] prolongada cara aos lados, é un [[tiburón]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[esfírnidos]] (''Sphyrnidae''), da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[carcarriniformes]] (''Carcharhiniformes'') que vive en augas temperadas e tropicais de todo o mundo.
 
== Descrición ==
As principais características distintivas do peixe martelo son:<ref name=RV></ref>
* [[Corpo]] alongado e fusiforme, que alcanza unha [[lonxitude]] máxima de entre 370 e 400 cm.
* [[Cabeza]] aplanada e alongada en dous lóbulos onde, nos extremos, están situados os [[ollo]]s (no suscita ningunha dúbida para a súa identificación debido á súa forma de [[martelo]]).
* [[Boca]] ventral moi arqueada armada de dentes triangulares e cos bordos lisos ou finamente serrados.
* Cinco pares de [[branquia|fendeduras branquiais]], as dúas últimas á altura das [[aleta|aletaspectorais]]spectorais.
* Dúas [[aleta|aletas dorsais]], a primeira grande, rematada en punta e a segunda moito máis baixa.
* [[Cor|coloración]] do dorso parda agrisada, cos flancos máis claros e o ventre abrancazado.
 
== Hábitat e bioloxía ==
Vive en augas tropicais e temperadas. É un potente nadador peláxico que se pode encontrar tanto cerca da [[costa (xeografía)|costa]] como en mar aberto e preferentemente en zonas de profundidade de 20 a 400 m. Aparentemente é o tiburón máis tolerante coas temperaturas da auga.<ref name=RV></ref> Pode realizar migracións e a miúdo forma grupos.
 
=== Alimentación ===
Aliméntase principalmente de pequenos [[peixes óseos]] demersais e peláxicos, e tamén come [[crustáceos]] e [[moluscos]].<ref name=M>Muus ''et al.'' (1998), p. 46.</ref>
 
=== Reprodución ===
É [[ovovivíparo]], parindo as femias, en cada camada, de 29 a 37 crías, que miden entre 50 e 61 cm ao nacer.
Os machos maduran cando alcanzan entre 210 e 240 cm de lonxitude; as femias, cando miden uns 300 cm aproximadamente.<ref name=RV></ref>
 
== Aproveitamento ==
 
== Comportamento ==
É agresivo, rexistrándose casos de ataque ao home, o cal o diferencia doutros tiburóns martelo.<ref name=M></ref>
 
== Estado de conservación ==
 
== En Galicia ==
Esta especie está rexistrada en augas próximas á nosa costa.<ref name=RP></ref> <ref name=RS></ref> <ref name=S>Solórzano ''et al.'' (1988), p. 13.</ref> <ref name=RV></ref>
 
== Notas ==
* Nelson, Joseph S. (2006): ''Fishes of the World''. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
* Ríos Panisse, M. C. (1977): ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces''. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Comnpostela. ISBN 84-7191-008-X.
* Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): ''Guía dos peixes de Galicia''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
* Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): ''Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
* Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): ''Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes).'' O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
393.002

edicións