Diferenzas entre revisións de «Caprinos»

m
Bot: Substitución automática de texto (-regnum = ''Animalia'' +regnum = Animalia); cambios estética
(corrixo)
m (Bot: Substitución automática de texto (-regnum = ''Animalia'' +regnum = Animalia); cambios estética)
| status =
| status_ref =
| regnum = ''[[Animalia]]''
| phylum = ''[[Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
A dos '''caprinos''' (''Caprinae'') é unha [[subfamilia]] de [[mamíferos]] [[artiodáctilos]] [[ruminantes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[bóvidos]].
 
Inclúe dúas importantes [[fauna|especies domésticas]], a [[cabra]] e a [[ovella]], e moitas outras silvestres, algunhas delas obxecto de [[cinexética|caza]] como, por exemplo, a [[cabra montesa]] (''Capra pyrenaica''), o [[carneiro bravo]] ou muflón ou os [[Rupicapra|rebezos]].
 
== Características ==
Aínda que a maioría das especies dos caprinos son gregarias e teñen estruturas corporais bastante robustas, diveren en moitos aspectos. Por exemplo, o [[boi almiscreiro]] (''[[Ovibos moschatus]]'') está adaptado ao frío extremo da [[tundra]] ártica; a cabra das Montañas Rochosas (''[[Oreamnos americanus]]'') está especializada para vivir en terreoos moi accidentados, e o urial (''[[Ovis orientalis]]'') ocupa unha ampla rexión árida, que inclúe zonas [[deserto|desérticas]], desde [[Cachemira]] até [[Irán]].
 
Os membros deste grupo varían considerabelmente en tamaño e peso, que poden oscilar desde pouco máis de 1 m e menos de 3o kg do goral gris (''[[Naemorhedus goral]]''), até case 2,5 m de lonxitude e 350 kg de peso do boi almiscreiro (que, en catividade, pode alcanzar máis dos 650 kg).
 
Os estilos de vida dos caprinos pódense clasificar en dous grandes grupos, o dos 'defensores dos recursos', que son territoriais e defenden unha área pequena rica en alimento contra outros membros da mesma especie, e o dos 'pastores', que se reúnen en mandas e vagan libremente a través dun territorio máis grande, xeralmente menos rico en alimento.
[[Ficheiro:Ammotragus lervia -Roger Williams Park Zoo, USA-8a.jpg|miniatura|250px|''[[Ammotragus lervia]]''.]]
[[Ficheiro:Mountain Goat Mount Massive.JPG|miniatura|250px|''[[Oreamnos americanus]]''.]]
[[FileFicheiro:Ludwigsburg - Mufflon im Park Favorite.JPG|miniatura|250px|''[[Ovis aries musimon]]''.]]
[[Ficheiro:Chamois (Rupicapra rupicapra) 06.JPG|miniatura|250px|''[[Rupicapra rupicapra]]''.]]
 
Os ''Caprinae'' constitúen, para a maioría dos autores, o [[clado]] dos ''[[Aegodontia]]'' (bóvidos con dentes de cabra). Porén outros falan da sbfamilia ''Caprini'', que formaría un clado dos ''[[Antilopinae]]'' ''lato sensu''.
 
Os caprinos resultaron dunha rápida adaptación, hai 11 millóns de anos, á vida nas montañas por redución dos seus metacarpos seguida polo illamento nos montes do mega arquipáálago que había entre os mares Mediterráneo e Paratetis.<ref>Anne Ropiquet & Alexandre Hassanin (2004): "Molecular phylogeny of caprines (Bovidae, Antilopinae): the question of their origin and diversification during the Miocene". ''Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research'' '''43''' (1): 49–60.
[http://www3.interscience.wiley.com/journal/120712655/abstract Resume].</ref>
 
O '''rebezo''', que en tempos pasados fora moi común nas serras galegas lindantes con [[Asturias]] e [[provincia de León|León]], estivo a piques da extinción pero, na acualidade, está recolonizando estes hábitats a causa das medidas para a protercción da especeie e, sobre toso, da súa reintrodución na montaña leonesa.<ref name=DS/>
 
A '''cabra montesa''' autóctona, ''Capra pyrenaica lusitanica'', que vivira nas serras orientais e sudorientais, extingiuse a mediados do [[século XIX]]). Na actualidade inténtase repoboar coa subespecie ''C. p. victoriae''.<ref name=DS/>
 
== Notas ==
 
=== Bibliografía ===
* Díaz d'a Silva, J. I. & Cartelle, Y. (2007): ''Guía dos mamíferos de Galicia''. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
* Kowalski, Kazimierz (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología''. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
* Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): ''Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference''. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
393.002

edicións