Alcuíno de York: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 5:
Recibiu a súa educación na escola catedralicia de York co seu mestre [[Ethelberto de York]], a quen acompañou a [[Roma]] na procura de manuscritos. Cando Ethelberto foi designado arcebispo de York, en [[766]], Alcuíno ocupou o seu lugar á cabeza da escola episcopal. Volveu outra volta a Roma en [[780]] para recoller o [[palio]] do arcebispo [[Eanbaldo I de York]] e en [[Parma]] coñeceu a Carlomagno, quen o convenceu para que o acompañase á súa corte e o puxo ao fronte das abadías de [[Ferrieres]] e [[Saint-Loup]], en [[Troyes]].
 
Entre [[782]] e [[790]], Alcuíno tutelou ao rei dos [[francos]], a súa familia, os xoves que foran enviados á corte para seren educados e os clérigos novos vinculados coa capela do palacio. Fundou así o Palacio-escola (''[[Aula Palatina]]'') de [[Aix-la-Chapelle]], no cal se ensinaban as sete artes liberais: o ''[[trivium]]'' ([[gramática]], [[lóxica]] e [[retórica]]) e o ''[[quadrivium]]'' ([[aritmética]], [[xeometría]], [[astronomía]], e [[música]]). En 790, Alcuin retornou a Inglaterra, pero volveu ao lado de Carlomagno cando este lle pediu axuda na loita contra a herexía [[Adopcionismo|adopcionista]], que se estendía entón polo norte da [[Península Ibérica]]. No [[Concilio de Francfurt]], en [[794]], Alcuíno defendeu a ortodoxia e obtivo a condena do herexe Felix de Urgel. VoltouVolveu para a súa terra, pero abandonouna definitivamente debido aos disturbios que se estaban a producir e que conduciron á morte do rei [[Ethelred]].
 
Alcuíno pasou os seus últimos anos na abadía de [[San Martín de Tours]]. Converteu a escola abacial nun modelo de excelencia e a ela acudiron moitos estudantes. Mandou copiar numerosos manuscritos e transmitiulles aos francos o coñecemento da cultura latina que se conservara nas [[Illas Británicas]].