Diferenzas entre revisións de «Blake Griffin»

Foi seleccionado por [[Los Angeles Clippers]] no primeiro posto do [[Draft da NBA]] de [[2009]],<ref>{{cita web|url=http://www.nytimes.com/2009/06/26/sports/basketball/26nba.html?ref=sports|título=On a Day of Trades, the Draft’s Focus Is on Griffin and Guards|editor=New York Times|autor=Beck, Howard|data=25 de xuño de 2009|dataacceso=30 de abril|lingua=inglés}}</ref> e posteriormente, o [[9 de xullo]], facíase oficial a súa contratación por parte do equipo anxelino. En outubro de 2009 sufriu unha grave lesión de xeonllo que lle obrigou a apartarse das pistas durante toda a súa primeira tempada, aprazándose así o seu debut na [[NBA]], que se produciu o [[27 de outubro]] de [[2010]], conseguindo 20 puntos e 14 rebotes ante [[Portland Trail Blazers]]. O [[20 de novembro]] bate a marca de anotación para un ''rookie'' dos Clippers, ao conseguir 44 puntos nunha derrota ante [[New York Knicks]]. É elixido Rookie do Mes de novembro, tras facer unha media de 20,2 puntos e 11,6 rebotes por partido, liderando ambas as clasificacións de novatos. Debido ás súas habilidades para o mate, élle concedido o alcume de "High Griffinition". Foi seleccionado ademais para xogar o concurso de mates (Sprite Slam Dunk Contest) do All Star de 2011 e o [[All-Star da NBA|partido do All-Star]] celebrado no [[Staples Center]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], sendo seleccionado no seu ano rookie, un fito logrado por moi poucos xogadores na historia da [[NBA]].
 
Na [[Tempada 2012-13 da NBA|tempada 2012-13]], Griffin foi elixido como titular no NBA All-Star Game de 2012, xunto co seu compañeiro [[Chris Paul]]. Tamén foi seleccionado para participar no Rising Stars Challenge. Na primeira rolda Griffin axudou aos Clippers a gañarlles aos Grizzlies en 7 partidos, pero nas semifinais os San Antonio Spurs gañáronlles en 4. Griffin foi seleccionado para o equipo dos [[Xogos Olímpicos de 2012]] de [[Londres]], pero perdeunas por unha lesión. Ao ano seguinte voltouvolveu a ser seleccionado para o All-Star e clasificouse de novo co seu equipo para os Play-offs.
 
== Notas ==
189.115

edicións