Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
Os pozos de La Brea e Hancock Park están situados no que noutrora foi a concesión mexicana Rancho La Brea, e agora forma parte da área urbana dos Ánxeles, no distrito de Miracle Mile.
 
Os pozos de piche están compostos por fraccións de crudocru pesado denominado gilsonita, que se filtraron dende o solo. En Hancock Park o [[petróleo]] cru escorre pola fenda ó longo da 6th Street dende o Salt Lake Oil Field<ref>{{cite book |título=Gas migration: events preceding earthquakes|apelido= Khilyuk|nome= Leonid F.|authorlink= |autor2=Chilingar, George V. |ano= 2000|editor= Gulf Professional Publishing|isbn= 0-88415-430-0|páxina= 389|url= }}</ref>. O petróleo aflora e forma na superficie piscinas en varios lugares do parque, tornándose en asfalto cando as fraccións máis lixeiras do petróleo se degradan ou evaporan.
 
Estas filtracións lévanse producindo dende fai decenas de milleiros de anos. De cando en vez, o asfalto forma depósitos o suficientemente consistentes como para atrapar os animais, quedando a superficie cuberta con capas de auga, po ou follas. Os animais chegarían vagando, quedarían atrapados na poza, e acabarían por morrer. Os depredadores tentarían apresar os animais capturados no piche resultando tamén entrampados.
Liña 49:
 
=== Escavación de pozos descubertos recentemente ===
O 18 de febreiro de 2009 o Museo George C. Page anunciou formalmente o descubrimento de 16 novos depósitos de fósiles durante a construción dun aparcadoiro subterráneo para o Museo de Arte do Condado dos Ánxeles no ano 2006, a carón dos pozos de piche<ref name="piche">{{cite news |título=Cache Of Ice Age Fossils Found Near Tar Pits |url=http://cbs2.com/local/ice.age.fossils.2.937436.html |axencia=[[Associated Press]] |editor=[[KCBS-TV]] |lugar=Los Angeles |data=18-2-2009|dataacceso=25-9-2015|archiveurl=http://web.archive.org/web/20090220060922/http://cbs2.com/local/ice.age.fossils.2.937436.html |archivedate=February 20, 2009}} {{en}}</ref>. Entre os achados están restos dun [[felino con dentes de sabre]], seis [[Canis dirus|lobos prehistóricos]], [[Bison antiquus|bisontes]], [[Equus occidentalis|cabalos]], un [[preguiceiro xigante]], [[tartaruga]]s, [[Caracol|caracois]], [[moluscos]], [[milpés]], [[peixes]], [[esquío]]s, e un [[Panthera leo atrox|león das cavernas]]<ref name="piche" /><ref name="plistoceno">{{cite news |autor=Thomas H. Maugh II |título=Major cache of fossils unearthed in L.A. |url=http://www.latimes.com/news/local/la-sci-fossils18-2009feb18,0,2746763.story |xornal=[[Los Angeles Times]] |lugar=Los Angeles |data=18-2-2009 |dataacceso=25-9-2015 }} {{en}}</ref>. Tamén se descubriu un esqueleto de [[mamut]] case intacto, alcumado Zed; as únicas pezas que faltan son unha perna traseira, unha vértebra e parte superior do cranio, danado cando se realizaba a construción da estrutura do aparcamento<ref name="plistoceno" /><ref>{{cite news |título=Nearly intact mammoth found at L.A. construction site |url=http://content.usatoday.com/communities/ondeadline/post/2009/02/63009597/1 |xornal=[[USA Today]] |data=18-2-2009 |dataacceso=25-9-2015}} {{en}}</ref>.
 
Estes fósiles foron embalados en caixas in situ e leváronse para un compartimento ó lado do pozo 91, propiedade do Page Museum, para que puidesen continuar as obras de construción. Depositáronse vinte e tres grandes caixóns con espécimes e alcatrán no Page Museum, denominándose esta tarefa de investigación ''Proxecto 23''. Os investigadores do museo saben que máis pozos de piche serán descubertos durante os traballos de ampliación da liña púrpura do metro<ref name="piche" />. No 2014, nunhas prospeccións en Miracle Mile, foron encontrados obxectos prehistóricos<ref>{{cite news|título=Prehistoric objects unearthed in LA subway dig|url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/northamerica/usa/10701936/Prehistoric-objects-unearthed-in-LA-subway-dig.html|apelido=Malkin|nome=Bonnie|data=7-3-2014|xornal=[[The Daily Telegraph]]|editor=AP|dataacceso=25-9-2015}} {{en}}</ref>.