Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
refs.
Liña 1:
{{en tradución}}
{{Coordenadas|34|03|46.47|N|118|21|22.67|W|display=title|type:landmark}}
{{Espazo natural
Liña 26 ⟶ 25:
Os pozos de La Brea e Hancock Park están situados no que noutrora foi a concesión mexicana Rancho La Brea, e agora forma parte da área urbana dos Ánxeles, no distrito de Miracle Mile.
 
Os pozos de piche están compostos por fraccións de crudo pesado denominado gilsonita, que se filtraron dende o solo. En Hancock Park o [[petróleo]] cru escorre pola fenda ó longo da 6th Street dende o Salt Lake Oil Field<ref>{{cite book |título=Gas migration: events preceding earthquakes|apelido= Khilyuk|nome= Leonid F.|authorlink= |autor2=Chilingar, George V. |ano= 2000|editor= Gulf Professional Publishing|isbn= 0-88415-430-0|páxina= 389|url= }}</ref>. O petróleo aflora e forma na superficie piscinas en varios lugares do parque, tornándose en asfalto cando as fraccións máis lixeiras do petróleo se degradan ou evaporan.
 
Estas filtracións lévanse producindo dende fai decenas de milleiros de anos. De cando en vez, o asfalto forma depósitos o suficientemente consistentes como para atrapar os animais, quedando a superficie cuberta con capas de auga, po ou follas. Os animais chegarían vagando, quedarían atrapados na poza, e acabarían por morrer. Os depredadores tentarían apresar os animais capturados no piche resultando tamén entrampados.
Liña 32 ⟶ 31:
Os pozos de brea que existen actualmente foron escavados polo home. O meirande era orixinalmente unha mina de asfalto. Os outros pozos fixéronse entre o 1913 e o 1915, cando foron escavados máis de 100 pozos na procura dos ósos de grandes mamíferos do [[Plistoceno]]. Distintas combinacións de asfalto e auga asolagan estes buratos. Normalmente o asfalto xorde de gretas, endurecendo ó aflorar e formando montículos que se poden ver en varias zonas do parque.
[[Ficheiro:La Brea Tar Pits.jpg|miniatura|300px|Descrición dalgunhas especies nunha ilustración de [[Charles R. Knight]] (1921).]]
Os ósos dos animais mortos, ó afundir e penetrar neles o asfalto, tórnanse dunha cor marrón escura ou negra. As fraccións máis lixeiras do petróleo evapóranse quedando unha substancia máis sólida, que preserva os ósos. [[Fósil]]es de grandes mamíferos foron extraídos do alcatrán, pero tamén se recuperaron microfósiles: madeira e plantas, ósos de roedores, insectos, moluscos, po, sementes, follas, e mesmo grans de pole. Expóñense no museo George C. Page algunhas mostras destes achados.
 
A [[datación radiométrica]] da madeira preservada e dos ósos deu unha idade de 38 000 anos para o material máis antigo descuberto en La Brea. Os pozos aínda hoxe atrapan organismos, os máis deles están cercados para evitar accidentes.
Liña 39 ⟶ 38:
O [[Xeoloxía|xeólogo]] da Union Oil William Warren Orcutt no 1901 é a primeira persoa acreditada en desvelar que os ósos fosilizados e preservados nos pazos de asfalto pertencen a animais prehistóricos.
 
As primeiras escavacións para estudar os fósiles de animais prehistóricos realizáronse entre os anos 1913 e 1915. Durante as décadas de 1940 e 1950 a preparación dos fósiles recuperados en escavacións precedentes dos grandes mamíferos do Plistoceno xerou gran expectación<ref>{{cite news |título=Animal Bones 50,000 Years Old Found In Tar |url=http://pqasb.pqarchiver.com/latimes/access/415193041.html?dids=415193041:415193041&FMT=ABS&FMTS=ABS:AI&type=historic&date=Jun+17%2C+1946&author=&pub=Los+Angeles+Times&desc=ANIMAL+BONES+50%2C000+YEARS+OLD+FOUND+IN+TAR |xornal=[[Los Angeles Times]] |lugar=Los Angeles |data=17-7-1946 |dataacceso=25-9-2015 }} {{en}}</ref>. Estudos posteriores determinaron que o material fósil dos vertebrados estaba ben preservado, con pouca evidencia de degradación bacteriana da proteína ósea<ref>{{cite journal | autor=McMenamin, M.A.S.|ano=1982 |título=Amino acid geochemistry of fossil bones from the Rancho La Brea Asphalt Deposit, California |xornal=Quaternary Research | volume=18 | páxinas=174–183 | doi = 10.1016/0033-5894(82)90068-0 |edición=2 |display-authors=etal}}</ref>.
 
Na década de 1970 a atención dos investigadores centrouse nos pequenos exemplares, como insectos e plantas, incluíndo microfósiles, como grans de pole. O estudo destes restos contribuíu a unha mellor comprensión da conca dos Ánxeles durante a última [[glaciación]].
[[Ficheiro:USA tar bubble la brea CA.jpg|miniatura|Burbulla nun dos pozos de asfalto.]]
=== Fonte de metano descuberta ===
O gas metano escapa dos pozos de piche causando burbullas que fan que o asfalto pareza ferver. No ano 2007 os investigadores da [[Universidade de California]] Riverside descubriron que as burbullas son causadas por formas resistentes de [[bacterias]] vinculadas ó asfalto natural. Tras consumir o petróleo, as bacterias liberan metano. "Das bacterias estudadas, entre 200 e 300 eran especies previamente descoñecidas"<ref>Jia-Rui Chong, [http://www.latimes.com/news/local/la-me-tarpits14may14,1,1214388,full.story?coll=la-default-underdog "Researchers learn why tar pits are bubbly"], ''Los Angeles Times'', 14-5-2007. {{en}}</ref>.
[[Ficheiro:PageMuseum02.jpg|miniatura|esquerda|George C. Page Museum.]]
=== George C. Page Museum ===
O Museo George C. Page é o centro de interpretación do Rancho La Brea e forma parte do [[Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles]], foi construído á beira dos pozos de piche en Hancock Park. Comezouse a construír no 1975, o museo abriu ó público no ano 1977. Describe a historia dos pozos de piche e amosa as especies neles atopadas. Os visitantes poden camiñar arredor do parque e ver os pozos de asfalto. Dos máis de 100 pozos, o único regularmente escavado polos investigadores na actualidade é o pozo 91. O traballo de escavación lévano a cabo voluntarios supervisados por [[Paleontoloxía|paleontólogos]]<ref>{{cite web |url=http://www.tarpits.org/la-brea-tar-pits/current-excavations|título=Current excavations |dataacceso=25-9-2015 |editor=George C. Page Museum}} {{en}}</ref>.
 
=== Escavación de pozos descubertos recentemente ===
O 18 de febreiro de 2009 o Museo George C. Page anunciou formalmente o descubrimento de 16 novos depósitos de fósiles durante a construción dun aparcadoiro subterráneo para o Museo de Arte do Condado dos Ánxeles no ano 2006, a carón dos pozos de piche<ref name="piche">{{cite news |título=Cache Of Ice Age Fossils Found Near Tar Pits |url=http://cbs2.com/local/ice.age.fossils.2.937436.html |axencia=[[Associated Press]] |editor=[[KCBS-TV]] |lugar=Los Angeles |data=18-2-2009|dataacceso=25-9-2015|archiveurl=http://web.archive.org/web/20090220060922/http://cbs2.com/local/ice.age.fossils.2.937436.html |archivedate=February 20, 2009}} {{en}}</ref>. Entre os achados están restos dun [[felino con dentes de sabre]], seis [[Canis dirus|lobos prehistóricos]], [[bisonte]]s, [[cabalo]]s, un [[preguiceiro xigante]], [[tartaruga]]s, [[Caracol|caracois]], [[moluscos]], [[milpés]], [[peixes]], [[esquío]]s, e un [[Panthera leo atrox|león das cavernas]]<ref name="piche" /><ref name="plistoceno">{{cite news |autor=Thomas H. Maugh II |título=Major cache of fossils unearthed in L.A. |url=http://www.latimes.com/news/local/la-sci-fossils18-2009feb18,0,2746763.story |xornal=[[Los Angeles Times]] |lugar=Los Angeles |data=18-2-2009 |dataacceso=25-9-2015 }} {{en}}</ref>. Tamén se descubriu un esqueleto de [[mamut]] case intacto, alcumado Zed; as únicas pezas que faltan son unha perna traseira, unha vértebra e parte superior do cranio, danado cando se realizaba a construción da estrutura do aparcamento<ref name="plistoceno" /><ref>{{cite news |título=Nearly intact mammoth found at L.A. construction site |url=http://content.usatoday.com/communities/ondeadline/post/2009/02/63009597/1 |xornal=[[USA Today]] |data=18-2-2009 |dataacceso=25-9-2015}} {{en}}</ref>.
 
Estes fósiles foron embalados en caixas in situ e leváronse para un compartimento ó lado do pozo 91, propiedade do Page Museum, para que puidesen continuar as obras de construción. Depositáronse vinte e tres grandes caixóns con espécimes e alcatrán no Page Museum, denominándose esta tarefa de investigación ''Proxecto 23''. Os investigadores do museo saben que máis pozos de piche serán descubertos durante os traballos de ampliación da liña púrpura do metro<ref name="piche" />. No 2014, nunhas prospeccións en Miracle Mile, foron encontrados obxectos prehistóricos<ref>{{cite news|título=Prehistoric objects unearthed in LA subway dig|url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/northamerica/usa/10701936/Prehistoric-objects-unearthed-in-LA-subway-dig.html|apelido=Malkin|nome=Bonnie|data=7-3-2014|xornal=[[The Daily Telegraph]]|editor=AP|dataacceso=25-9-2015}} {{en}}</ref>.
[[Ficheiro:George C. Page Museum Paleontology Lab 04.jpg|miniatura|Investigadores do laboratorio de paleontoloxía do Museo George C. Page.]]
== Flora e fauna ==
{{Véxase tamén|Lista de especies fósiles do Rancho La Brea}}
Entre as especies prehistóricas asociadas ó Rancho La Brea están os mamuts, lobos prehistóricos, [[Arctodus simus|osos de fuciño curto]], preguiceiros xigantes e o [[Smilodon fatalis|felino dentes de sabre]]. Só se atopou un humano<ref>{{Smallcaps|J.C. Merriam}} (1914) Preliminary report on the discovery of human remains in an asphalt deposit at Rancho La Brea, ''Science'' 40: 197-203</ref>, un esqueleto parcial de muller de fai 10.000 anos<ref>{{Smallcaps|F.R. O'Keefe, E.V. Fet, and J.M. Harris}} (2009) Compilation, calibration, and synthesis of faunal and floral radiocarbon dates, Rancho La Brea, California, ''Contributions in Science'' 518: 1-16</ref>, que no momento da súa morte tiña entre 17 e 25 anos<ref>{{Smallcaps|G.E. Kennedy}} (1989) A note on the ontogenetic age of the Rancho La Brea hominid, Los Angeles, California, ''Bulletin, Southern California Academy of Sciences'' 88(3): 123-126</ref> e atopouse xunto ós restos dun can doméstico, interpretándose como un enterramento cerimonial<ref>{{Smallcaps|R.L. Reynolds}} (1985) Domestic dog associated with human remains at Rancho La Brea, ''Bulletin, Southern California Academy of Sciences'' 84(2): 76-85</ref>. [[John C. Merriam]] da Universidade de California levou a maior parte do traballo inicial de identificación de especies nos inicios do século XX.
 
La Brea é coñecido pola achega de milleiros de fósiles de mamíferos do Plistoceno, e aínda que os fósiles de mamíferos xeran un interese significativo, outros fósiles, incluíndo insectos e plantas fosilizadas, e mesmo grans de pole, tamén teñen gran valor. Estes microfósiles son recuperados a partir dunha matriz de asfalto e arxila areosa mediante o lavado cun disolvente para eliminar o petróleo e deseguido selecciónanse baixo unha lente de alta potencia.