Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 67:
Os anxevinos emprenderon deseguida unha labor de ampliación e embelecemento da nova sede real. Como residencia da corte erixiron fóra das murallas e xunto ao porto (que tamén ampliaron cun gran peirao, o ''Molo Grande'') unha nova fortaleza, o ''Maschio Angioino'' ou [[Castel Nuovo]] no 1282, onde serán invitados [[Giovanni Boccaccio|Boccaccio]], [[Petrarca]] e [[Giotto]]. Entre o castelo e a muralla, coa nova Porta Petruccia, aparece o ''Largo delle Corregge'', a actual Vía Medina, con pazos nobiliarios e edificios administrativos ademais de hospitais e o arsenal.
 
Outro castelo, o de Sant’ Elmo, sobre o outeiro do Vomero que domina a cidade, foi erixido no século seguinte. A carónAo seu carón áchase a Cartuxa de San Martiño.
 
As murallas foron refeitas na súa metade sur cunha ampliación ao sueste arredor da nova Praza do Mercado, trasladado dende o antigo foro e situado onde se erixe San Lorenzo Maggiore. Tamén dentro dos muros constrúense outras grandes igrexas: San Domenico Maggiore, Santa Chiara, con frescos de Giotto, e principalmente o Duomo, a nova catedral xunto a Santa Restituta e o baptisterio paleocristián ao leste da área do foro. <ref> ''Conxunto do Duomo coa catedral gótica a carón dos templos paleocristiáns, á esquerda'' [http://www.treccani.it/export/sites/default/Portale/resources/images/sito/scuola/dossier/archeologia/8_clip_image016.jpg]</ref>