Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
 
== Localización e formación ==
[[Ficheiro:Smilodon and Canis dirus.jpg|miniatura|esquerda|Descrición dalgunhas especies nunha ilustración de Robert Bruce Horsfall (1913).]]
Os pozos de La Brea e Hancock Park están situados no que noutrora foi a concesión mexicana Rancho La Brea, e agora forma parte da área urbana dos Ánxeles, no distrito de Miracle Mile.
 
Liña 31:
 
Os pozos de brea que existen actualmente foron escavados polo home. O meirande era orixinalmente unha mina de asfalto. Os outros pozos fixéronse entre o 1913 e o 1915, cando foron escavados máis de 100 pozos na procura dos ósos de grandes mamíferos do [[Plistoceno]]. Distintas combinacións de asfalto e auga asolagan estes buratos. Normalmente o asfalto xorde de gretas, endurecendo ó aflorar e formando montículos que se poden ver en varias zonas do parque.
[[Ficheiro:La Brea Tar Pits.jpg|miniatura|300px|Descrición dalgunhas especies nunha ilustración de [[Charles R. Knight]] (1921).]]
Os ósos dos animais mortos, ó afundir e penetrar neles o asfalto, tórnanse dunha cor marrón escura ou negra. As fraccións máis lixeiras do petróleo evapóranse quedando unha substancia máis sólida, que preserva os ósos. [[Fósil]]es de grandes mamíferos foron extraídos do alcatrán, pero tamén se recuperaron microfósiles: madeira e plantas, ósos de roedores, insectos, moluscos, po, sementes, follas, e mesmo grans de pole. Expóñense no museo George C. Page algunhas mostras destes achados.
 
Liña 45:
=== Fonte de metano descuberta ===
O gas metano escapa dos pozos de piche causando burbullas que fan que o asfalto pareza ferver. No ano 2007 os investigadores da [[Universidade de California]] Riverside descubriron que as burbullas son causadas por formas resistentes de [[bacterias]] vinculadas ó asfalto natural. Tras consumir o petróleo, as bacterias liberan metano. "Das bacterias estudadas, entre 200 e 300 eran especies previamente descoñecidas".
[[Ficheiro:PageMuseum02.jpg|miniatura|esquerda|George C. Page Museum.]]
=== George C. Page Museum ===
O Museo George C. Page é o centro de interpretación do Rancho La Brea e forma parte do [[Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles]], foi construído á beira dos pozos de piche en Hancock Park. Comezouse a construír no 1975, o museo abriu ó público no ano 1977. Describe a historia dos pozos de piche e amosa as especies neles atopadas. Os visitantes poden camiñar arredor do parque e ver os pozos de asfalto. Dos máis de 100 pozos, o único regularmente escavado polos investigadores na actualidade é o pozo 91. O traballo de escavación lévano a cabo voluntarios supervisados por [[Paleontoloxía|paleontólogos]].
 
=== Escavación de pozos descubertos recentemente ===
[[Ficheiro:George C. Page Museum Paleontology Lab 04.jpg|miniatura|Investigadores do laboratorio de paleontoloxía do Museo George C. Page.]]
O 18 de febreiro de 2009 o Museo George C. Page anunciou formalmente o descubrimento de 16 novos depósitos de fósiles durante a construción dun aparcadoiro subterráneo para o Museo de Arte do Condado dos Ánxeles no ano 2006, a carón dos pozos de piche. Entre os achados están restos dun [[felino con dentes de sabre]], seis [[Canis dirus|lobos prehistóricos]], [[bisonte]]s, [[cabalo]]s, un [[preguiceiro xigante]], [[tartaruga]]s, [[Caracol|caracois]], [[moluscos]], milpés, [[peixes]], [[esquío]]s, e un [[Panthera leo atrox|león das cavernas]]. Tamén se descubriu un esqueleto de [[mamut]] case intacto, alcumado Zed; as únicas pezas que faltan son unha perna traseira, unha vértebra e parte superior do cranio, danado cando se realizaba a construción da estrutura do aparcamento.
 
Estes fósiles foron embalados en caixas in situ e leváronse para un compartimento ó lado do pozo 91, propiedade do Page Museum, para que puidesen continuar as obras de construción. Depositáronse vinte e tres grandes caixóns con espécimes e alcatrán no Page Museum, denominándose esta tarefa de investigación ''Proxecto 23''. Os investigadores do museo saben que máis pozos de piche serán descubertos durante os traballos de ampliación da liña púrpura do metro. No 2014, nunhas prospeccións en Miracle Mile, foron encontrados obxectos prehistóricos.
[[Ficheiro:George C. Page Museum Paleontology Lab 04.jpg|miniatura|Investigadores do laboratorio de paleontoloxía do Museo George C. Page.]]
 
== Flora e fauna ==
{{Véxase tamén|Lista de especies fósiles do Rancho La Brea}}