Baryonyx: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Dexbot (conversa | contribucións)
m Bot: Parsoid bug phab:T107675
Liña 76:
[[Ficheiro:Baryonyx_Animatronics_model_1_NHM.JPG|esquerda|miniatura|Un modelo animatrónico de ''Baryonyx'' cazando a un [[Lepidotes.]]]]
[[Ficheiro:Baryonyx_by_durbed.jpg|miniatura|Un ''Baryonyx walkeri'' establecendo unha relación [[Simbiose|simbiótica]], tomando o sol mentres que o pterosaurio [[Europejara]] e a ave [[Iberomesornis]] lle axudan eliminando parasitos e anacos de carne.]]
As [[mandíbula]]s semellantes ás dun [[crocodilo]] e o grande número de dentes aserrados indican que o ''Baryonyx'' foi un animal principalmente piscívoro. Isto queda confirmado polo grande número de [[escama]]s e espiñas do [[peixes|peixe]] prehistórico ''[[Scheenstia]]'' (un xénero cuxas especies previamente foron asignadas a [[Lepidotes]]''<nowiki/>'') que foron achadas na cavidade abdominal dun espécime inglés.<ref>López-Arbarello, A. (2012).</ref> Especulouse que o ''Baryonyx'' podería permanecer nas beiras, apoiado sobre as súas poderosas patas dianteiras, e golpeando entón os peixes coa rechamante e potente garra curva que tiña en cada man para logo capturalos ao voo coas súas longas mandíbulas. Esta técnica de pesca é similar á que emprega o [[Oso pardo|oso grizzly]] [[América|americano]] na actualidade. A forma alongada pero baixa do corpo e a cabeza disposta en ángulo apoian esta teoría. Até o descubrimento do [[Suchomimus]], un parente próximo, o ''Baryonyx'' foi o único dinosauro piscívoro coñecido. Por outra banda, tamén se atoparon ósos de [[iguanodonte]] asociados con restos de ''Baryonyx.'' A falta de probas definitivas, é posible que o ''Baryonyx'' conseguise alimento extra mediante o consumo de [[prea]]. Un estudo publicado en 2013 observou que as mandíbulas de ''Baryonyx'' tiñan unha maior resistencia á torsión e a flexión ca as de ''Spinosaurus''.<ref name="cuff13">{{Cita publicación periódica |apelido = Cuff|nome = E. J.|apelido2 = Rayfield|editor1-last = Farke|editor1-first = Andrew A|doi = 10.1371/journal.pone.0065295|title = Feeding Mechanics in Spinosaurid Theropods and Extant Crocodilians|journal = PLoS ONE|volume = 8|issue = 5|pages = e65295|year = 2013|pmid = 23724135|pmc = 3665537}}</ref>
 
== Notas ==