Isoglosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+sección notas
Dexbot (conversa | contribucións)
m Bot: Parsoid bug phab:T107675
Liña 3:
Unha '''isoglosa''' é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos [[lingüística|lingüísticos]] distintos. Os trazos poden ser [[fonética|fonéticos]], [[fonoloxía|fonolóxicos]], [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxicos]], [[sintaxe|sintácticos]] e mesmo [[pragmática|pragmáticos]].
 
Partindo como exemplo do [[Lingua galega|galego]] actual, as isoglosas dos principais fenómenos (plurais dos substantivos e adxectivos rematados en -n e -l, variantes no paradigma dos [[verbo]]s, na estrutura [[fonoloxía|fonolóxica]], nas realizacións [[fonética|fonéticas]], [[gheada]], [[seseo]], etc.) contribúen a delimitar o territorio dos tres bloques lingüísticos: occidental, central e oriental. Porén, unha isoglosa pode internarse non só nas falas dun determinado idioma, senón en dominios pertencentes ao que se consideran linguas distintas. Este fenómeno tipifica as áreas ocupadas por dialectos procedentes dun tronco común, de aí que cando se trata de describir tecnicamente as variantes desde o punto de vista [[Sincronía e diacronía|sincrónico]] non sexa apropiado referirse a linguas, senón a fenómenos dialectais que se van sucedendo a través de ''continuum''<ref>{{Cita web|url = http://filoblogos.blogspot.com.es/2007/01/continuum.html|autor = VV.AA.|título = FilóbLogos|dataacceso = 30/05/2015}}</ref> ''<nowiki/>''lingüísticos.
 
[[Ficheiro:Isoglosa.JPG|dereita|miniatura|150px|Isoglosas marcando aproximadamente as rexións lingüísticas mencionadas no texto.]]