Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
=== George C. Page Museum ===
O Museo George C. Page é o centro de interpretación do Rancho La Brea e forma parte do [[Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles]], foi construído á beira dos pozos de piche en Hancock Park. Comezouse a construír no 1975, o museo abriu ó público no ano 1977. Describe a historia dos pozos de piche e amosa as especies neles atopadas. Os visitantes poden camiñar arredor do parque e ver os pozos de asfalto. Dos máis de 100 pozos, o único regularmente escavado polos investigadores na actualidade é o pozo 91. O traballo de escavación lévano a cabo voluntarios supervisados por [[Paleontoloxía|paleontólogos]].
 
=== Escavación de pozos recen descubertos ===
[[Ficheiro:George C. Page Museum Paleontology Lab 04.jpg|miniatura|Investigadores do laboratorio de paleontoloxía do Museo George C. Page.]]
O 18 de febreiro de 2009 o Museo George C. Page anunciou formalmente o descubrimento de 16 novos depósitos de fósiles durante a construción dun aparcadoiro subterráneo para o Museo de Arte do Condado dos Ánxeles no ano 2006, a carón dos pozos de piche. Entre os achados están restos dun [[felino con dentes de sabre]], seis [[Canis dirus|lobos prehistóricos]], [[bisonte]]s, [[cabalo]]s, un [[preguiceiro xigante]], [[tartaruga]]s, [[Caracol|caracois]], [[moluscos]], milpés, [[peixes]], [[esquío]]s, e un [[Panthera leo atrox|león das cavernas]]. Tamén se descubriu un esqueleto de [[mamut]] case intacto, alcumado Zed; as únicas pezas que faltan son unha perna traseira, unha vértebra e parte superior do cranio, danado cando se realizaba a construción da estrutura do aparcamento.
 
Estes fósiles foron embalados en caixas in situ e leváronse para un compartimento ó lado do pozo 91, propiedade do Page Museum, para que puidesen continuar as obras de construción. Depositáronse vinte e tres grandes caixóns con espécimes e alcatrán no Page Museum, denominándose esta tarefa de investigación ''Proxecto 23''. Os investigadores do museo saben que máis pozos de piche serán descubertos durante os traballos de ampliación da liña púrpura do metro. No 2014, nunhas prospeccións en Miracle Mile, foron encontrados obxectos prehistóricos.
 
== Flora e fauna ==
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Plistoceno]]