Illas Eolias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10:
| País = Italia
}}
 
 
As '''illas Eolias''' ou '''Eólicas''' (''Isole Eolie'' en [[lingua italiana|italiano]]) constitúen un arquipélago [[volcán]]ico no [[Mar Tirreno]], preto da costa nordeste de [[Sicilia]]. Foron declaradas [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]] en [[2000]].
 
Liña 49 ⟶ 47:
 
=== Época grega (colonización) ===
Durante a 50 Olimpíada (580 - 576 a.C.) Lípari foi colonizada por gregos de estirpe dórica, procedentes de [[Cnido]] e de [[Rodas]], comandados polo [[Heráclidas|heráclida]] [[Pentatlo]], sobreviventes dunha infeliz tentativa de fundar unha colonia no lugar onde se acha a actual [[Marsala]]. Os novos colonos atopáronse, en primeiro lugar, ante a necesidade de defenderse das incursións dos [[Etruscos]] (Tirrenos). Precisamente por iso tiveron que armar unha poderosa flotafrota, coa que obtiveron numerosas vitorias ante o inimigo e aseguráronse a supremacía no mar. Co botín conquistado erixiron, no santuario de [[Apolo]], en [[Delfos]], uns monumentos votivos (máis de corenta estatuas de bronce), de cuxos basamentos queda constancia.
 
=== Séculos V e IV a.C. ===
Os barcos liparienses dominaban o baixo Tirreno e no ano [[-393|393 a.C.]] interceptaron un barco romano que levaba a Delfos unha gran vasilla que representaba a décima parte do botín da conquista de [[Veyes|Veio]]. Pero o seu supremo maxistrado, Timasiteo fixo que o restituísen por tratarse dunha obra sacra dedicada ao deus [[Apolo]], que os liparienses veneraban. No [[427]] adC, durante a primeira expedición ateniense a Sicilia, conducida por Laques, os liparienses estreitaron unha alianza cos [[Siracusa|siracusanos]], quizais pola súa común orixe dórico. Sufriron ataques, como afirma [[Tucídides]], por parte da flotafrota ateniense e da rexión de [[Reggio dei Calabria|Rexio]], pero sen graves consecuencias.
 
Posteriormente, as illas foron escenario de enfrontamentos entre [[Imperio romano|Roma]] e [[Cartago]] pola súa situación estratéxica. No [[-260|260 a.C.]], a vitoria romana na [[Batalla das illas Eolias]] sancionou o final da [[Primeira Guerra Púnica]] e a substitución do dominio marítimo cartaxinés do [[Mediterráneo]] polo romano. En [[1544]], as illas volveron ser o escenario de violentos enfrontamentos, esta vez entre [[España]] e os [[pirata]]s [[arxel]]inos de [[Jeireddín Barbarroxa]] (apoiados por [[Francia]] e o [[Imperio Otomán]]). A guerra causou o despoboamento das illas, que deberon ser recolonizadas posteriormente desde [[Nápoles]], Sicilia e España.
Liña 61 ⟶ 59:
 
=== Finais do século IV e séculos III e II a.C. ===
No ano [[-304|304 a.C.]], a illa foi atacada por [[Agatocles]], quen impuxo á mesma un tributo de 50 talentos, perdido durante a travesía cara a Sicilia, por unha tempestade atribuída á cólera de [[Eolo]]. Seguidamente, Lípari caeu baixo o iugo cartaxinés, situación na que se atopaba cando estalou a [[primeira guerra púnica]]. Polos seus excelentes portos e pola súa posición de alto valor estratéxico, o arquipélago converteuse nunha das mellores bases navais cartaxinesas. No ano [[-262|262 a.C.]] o [[cónsul romano]] [[Cneo Cornelio Escipión]], confiando en que podía apropiarse de Lípari con certa facilidade, quedou bloqueado por Aníbal, quen conseguiu capturalo a el e a toda a súa escuadra. No [[-258|258 a.C.]] Atilio Calatino cercaba a cidade ante posibles asedios. No [[-257|257 a.C.]] as augas das Eolias foron o escenario dunha cruenta batalla entre as flotasfrotas cartaxinesa e romana. Lípari foi conquistada polos romanos no ano 252 a.C. Arrasada con cruentas matanzas, perdeu xunto á independencia a prosperidade económica. Deu inicio entón un período de grave decadencia para a cidade.
 
Por outra banda, seguiu obtendo ingresos económicos substanciais da industria do [[alume]], que probablemente se extraía na illa de [[illa Vulcano|Vulcano]] xa desde a [[idade de Bronce]] e do que Lípari tiña o monopolio no mundo antigo. Así mesmo, tamén eran moi frecuentadas as excelentes augas termais de Vulcano e de Lípari, que gozaron dun notable renome tamén na Roma imperial. [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] recorda a Lípari e fala dos atropelos que a mesma sufriu por parte de [[Gayo Verres|Verres]].