Agrarismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:A Nosa Terra, 1907.jpg|miniatura|300 px|dereita|''[[A Nosa Terra (1907)|A Nosa Terra]]'' foi o voceiro de '''Solidaridad Gallega''']]
'''O movemento agrario''' ou '''agrarismo''' foi un movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de [[sindicato]]s agrícolas no primeiro terzo do [[século XX]]. O '''agrarismo''' é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en [[Galiza]] a fins do século XIX e sobre todo a partir de [[1907]] cando apareceu [[Solidaridad Gallega]] que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o [[Foro (contrato)|sistema foral]], o cal obrigaba ao campesiñado a pagar rendas abusivas, e contra o [[caciquismo]] ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego. A súa pretensión era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban.
 
O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da idade contemporánea, da súa implantación por toda Galicia resulta revelador que nos anos vinte existisen máis de mil sociedades agrarias, e durante a República diversificouse ideoloxicamente desaparecendo ao estalar a [[Guerra Civil española]].
Liña 20:
No programa de [[Solidaridad Gallega]] predomina a idea de defender [[Galicia]], inda que, como sinala Barreiro Fernández, o programa resulta moi inconcreto. Fórmana [[República|republicanos]], [[Carlismo|carlistas]] e [[Rexionalismo|rexionalistas]] ([[Manuel Murguía|Murguía]], [[Pondal]], [[Uxío Carré Aldao]]). Recollen a radicalización da loita agraria, conseguen multitudinarias concentracións, e parciais vitorias nas eleccións municipais, inda que non representación parlamentaria. O seu órgano de expresión será ''[[A Nosa Terra (1907)|A Nosa Terra]]'' e constituirán o vencello entre o [[rexionalismo galego|rexionalismo]] e o [[nacionalismo]].
 
Outras organizacións agrarias relevantes desta primeira etapa son [[Unión Campesiña]] e [[Acción Gallega]], fundada en [[1910]] por [[Basilio Álvarez]], [[abade]] de [[Beiro, Ourense|Beiro]] ([[Provincia de Ourense|Ourense]]).
 
==2ª etapa==