Henrique III de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
Antes de ser elevado ó trono ostentou o título de [[Príncipe de Asturias]], sendo o primeiro en ostentar dito título. Asumiu o poder efectivo o 2 de agosto de 1393, con 13 anos, logo dun tumultuoso período de cambios na rexencia. Puido pacificar á nobreza e restaurar o poder real, apoiándose nos nobres de segunda fila e desprazando así ós seus parentes máis poderosos (como [[Afonso Henríquez]] e [[Leonor de Trastámara|Leonor de Navarra]]). Derrogou privilexios antes concedidos ás [[Cortes de Castela|Cortes]], como a [[alcabala]] e o dereito a asistir ó [[Consello de Castela|Consello Real]]. Impulsou a figura dos [[Correxedor|correxedores]] nas cidades, e saneou a economía do Reino. Reduciu as persecucións contra os [[xudeus]], promulgando varios editos contra a violencia, que fora particularmente grave en [[1391]].
 
Durante o seu reinado a frota castelá obtivo varias vitorias contra os [[Inglaterra|ingleses]]. En [[1400]] enviou unha frota de guerra que destruíu a base pirata de [[Tetuán]], na [[Magreb|África do Norte]]. En 1402 comezou a colonización das [[Illas Canarias]], enviando ó explorador francés [[Jean de Béthencourt]]. Detivo unaunha invasión [[Portugal|portuguesa]] iniciada en 1396 cun ataque a [[Badaxoz]], consolidando finalmente a paz co acordo firmado con [[Xoán I de Portugal]] o 15 de agosto de 1402. Apoiou as pretensións pontificias de [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]] e reanudou a campaña contra [[Reino de Granada|Granada]], atinxindo unha importante vitoria en [[Collejares]], cerca de [[Úbeda]] (1406), aínda que non puido completala porque lle sobreveu a morte. Tamén enviou a dúas embaixadas ante [[Tamerlán]], a primeira encabezada por [[Hernán Sánchez de Palazuelos]] e a segunda por [[Ruy González de Clavijo]]. Desta segunda quedou a relación da viaxe escrita na ''[[Embajada a Tamorlán]]''.
 
En 1388, en virtude do [[Tratado de Baiona (1388)|tratado de Baiona]], casou con [[Catalina de Lancaster]], filla de [[Xoán de Gante]], [[duque de Lancaster]], e de [[Constanza de Castela]], polo tanto descendente de [[Pedro I de Castela|Pedro I o Cruel]]. Isto permitiu culminar o conflito dinástico, afianzar a [[Casa de Trastámara]], e establecer a paz entre Inglaterra e Castela. Desta unión naceron dous fillos: