Isoroku Yamamoto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
'''Isoroku Yamamoto''' (山本 五十六, やまもと いそろく [[Nagaoka]], [[prefectura de Niigata]], [[Xapón]], [[4 de abril]] de [[1884]] - [[Illas Salomón]], [[1943]]) foi un almirante xaponés.
 
Cursou estudos na Escola Naval e máis tarde participou na guerra ruso-xaponesa. En [[1926]] foi nomeado agregado naval da embaixada xaponesa en [[Washington, D.C.|Washington]] e, entre 1934 e [[1935]], representou ao seu [[país]] na conferenza naval de [[Londres]], na que rexeitou as peticións internacionais para que o Xapón reducira a súa flotafrota de guerra.
 
En [[1936]] foi nomeado viceministro da flotafrota xaponesa e, pouco despois do inicio da [[Segunda Guerra Mundial]], [[comandante]] en xefe das forzas navais. Opúxose á participación xaponesa na contenda bélica, argumentando que Xapón non contaba cos recursos necesarios para vencer a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], pero unha vez decidida, planificou o ataque sobre [[Pearl Harbor]], convencido de que só un ataque por sorpresa danaría ás forzas estadounidenses. Porén, tal como predicira, trala vitoria estadounidense na [[batalla de Midway]] a guerra cambiou de signo e comezou o declive do Xapón.
 
Yamamoto morreu durante unha inspección da fronte, ao ser derribado o avión no que viaxaba polo exército estadounidense, que lograra descifrar o código secreto dos xaponeses e coñecía a ruta que ía seguir o aparato que trasladaba ao almirante.