Xenserico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo ilexítimo do rei vándalo [[Godexisilo]], suponse que naceu nas inmediacións do [[lago Balatón]] en torno ao ano [[389]]. Foi escollido rei en [[428]] á morte do seu medio irmán [[Gunderico]]. Brillante e moi versado na arte militar, buscou de contado o modo de aumentar o poder e a prosperidade do seu pobo, que residía por aquel entón na [[Baetica|Hispania Bética]] e que sufrira os ataques dos máis numerosos [[visigodos]]. Así, pouco despois de acceder ao trono, Xenserico decidiu ceder Hispania aos seus rivais, empregando para iso a poderosa flotafrota creada baixo o reinado do seu predecesor.
 
Aproveitando as disputas coa metrópole de [[Bonifacio, Gobernador romano|Bonifacio]], gobernador romano de [[África do Norte]], 80.000 vándalos -15.000 deles homes de armas - cruzaron o estreito na primavera de [[429]], partindo de [[Punta de Tarifa|Tarifa]] e desembarcando en [[Ceuta]]. Tras varias vitorias sobre uns defensores romanos febles e divididos, fixéronse co control dun territorio que comprendía o actual [[Marrocos]] e o norte de [[Alxeria]], poñendo baixo asedio a cidade de [[Hipona]], que tomarían ao cabo de catorce meses de duros combates. Ao ano seguinte, o emperador [[Valentiniano III]] tivo que recoñecer a Xenserico como soberano de todos estes territorios.
 
En [[435]] Xenserico chega a un acordo co Imperio Romano polo que o reino vándalo pasa a ser [[foederati|foederatus]] de Roma coa concesión de [[Numidia]]. Non obstante, en [[439]] Xenserico toma -disque sen loita- a cidade de [[Cartago]], capturando a flotafrota imperial alí atracada. Con este movemento fai aos vándalos donos do [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo Occidental]], apoderándose a continuación de bases marítimas de gran valor estratéxico e comercial: as [[Illas Baleares]], [[Córsega]], [[Sicilia]] e [[Sardeña]]. Roma, privada dunha das maiores zonas de produción cerealística do vello mundo, terá que comprar no sucesivo o gran do norte de África para o seu propio aprovisionamento.
 
[[Ficheiro:Heinrich_Leutemann,_Plünderung_Roms_durch_die_Vandalen_(c._1860–1880).jpg|miniatura|esquerda|240px|Saqueo de [[Roma]], por [[Heinrich Leutemann]] (sobre 1870).]]
En [[455]], o emperador romano Valentiniano III é asasinado, sucedéndoo [[Petronio Máximo]]. Xenserico, considerando roto o tratado de paz firmado con Valentiniano en [[442]], desembarca en Italia e marcha sobre Roma, cuxa poboación rebélase contra o novo emperador e dálle morte tres días antes de que, o [[22 de abril]] de 455, os vándalos tomen sen resistencia a cidade. O saqueo subseguinte non producirá unha destrución notábel, se ben os vándalos farán provisión de gran cantidade de ouro, prata e obxectos de valor. Xenserico levará consigo a Cartago como refén a [[Licinia Eudoxia]], viúva de Valentiniano, e ás súas dúas fillas, [[Placidia]] e [[Eudoxia (filla de Valentiniano III)|Eudoxia]], que contraería despois matrimonio co seu fillo e sucesor [[Hunerico]].
 
En [[468]], o reino de Xenserico tivo que se enfrontar ao último esforzo militar conxunto das dúas metades do Imperio Romano. Non obstante, o rei vándalo logra derrotar, fronte ao [[cabo Bon]], a unha poderosa flotafrota dirixida polo que logo sería emperador bizantino [[Basilisco, Emperador|Basilisco]]. No verán do [[474]] asinará a paz perpetua con Constantinopla, pola que [[Imperio Bizantino|Bizancio]] recoñecerá a soberanía vándala sobre as provincias norteafricanas, Baleares, Sicilia, Córsega e Sardeña.
 
Na súa política interna, Xenserico tolerou o [[catolicismo]], se ben esixiu a conversión á doutrina [[arianismo|ariana]] dos seus conselleiros máis próximos e procedeu a numerosas confiscacións de bens da [[Igrexa Católica]], que se convertería así nunha poderosa forza opositora á monarquía vándala. Debilitou en forma sanguenta á nobreza tradicional vándalo-alana, substituíndoa por unha corte adicta á súa propia familia e alixeirou a presión fiscal sobre a poboación a custa das familias ricas de orixe romana e do clero católico.