Valentín Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 81:
 
Nesta época seguiu colaborando en ''El Pueblo Gallego'' e publicou diversos artigos en ''[[Faro de Vigo]]'' e ''[[La Noche. Suplemento del sábado|La Noche]]'', asinados cos [[pseudónimo]]s M., Xan Quinto e Mareiro (este último para asinar artigos sobre temática pesqueira<ref>Como tal, "Arosa: la isla del pulpo", en ''La Noche'' 6, 19.11.1949.</ref>). En 1943, o Delegado Nacional de Prensa insistía así na prohibición que recaía sobre Paz Andrade respecto ao uso da súa sinatura:
{{cita|''En canto á dedución que en dito escrito se fai de que poderá noutras publicacións e non en "Industrias Pesqueras" usar a súa sinatura, é erróneo xa que a prohibición alcanza evidentemente todas as publicacións que dependen da Delegación Nacional de Prensa e na actualidade son as que teñen carácter de periódicas''|<small>O Delegado Nacional de Prensa ao Delegado Provincial de Educación Popular e este ao Delegado Local que, por último, llo comunica ao director de ''Industrias Pesqueras'' con data 18 de maio de 1943. TraducciónTradución<ref>Texto orixinal: ''En cuanto a la deducción que en dicho escrito se hace de que podrá en otras publicaciones y no en "Industrias Pesqueras" usar su firma, es erróneo ya que la prohibición alcanza evidentemente a todas las publicaciones que dependen de la Delegación Nacional de Prensa y en la actualidad son las que tienen carácter de periódicas''</ref></small>}}
 
Desde [[1945]] organizou o parladoiro do café Alameda, en Vigo, onde se reunía con [[intelectual|intelectuais]] e artistas como [[Carlos Maside]], [[Laxeiro]], [[Manuel Prego de Oliver|Prego de Oliver]], [[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego]] e os irmáns [[Xosé María Álvarez Blázquez|Xosé María]] e [[Emilio Álvarez Blázquez]], entre outros.
[[Ficheiro:Redondela, Pescanova.JPG|miniatura|275px|Pescanova está moi ligada ao [[apelido]] Paz-Andrade.]]
Na [[revista]] literaria ''La Noche'' publicou o [[14 de xaneiro]] de [[1950]] un artigo en portada e a catro columnas sobre Castelao, quen morrera unha semana antes, baixo o título "Castelao. El hombre y el artista". A revista foi expedientada por incumprir as normas ditadas pola Dirección Xeral de Prensa para o tratamento que debía dar a prensa á noticia do [[pasamento]] e pechada dúas semanas despois. As instrucións esixían que a noticia se dera en páxinas interiores e a unha columna, e que só se podía eloxiar as cualidades de humorista, literato e [[Caricatura|caricaturista]].<ref>[http://www.museocastelao.org/morte/censura.html Museo Virtual Castelao] do [[Consello da Cultura Galega]], [[Vieiros]] e a [[Fundación Castelao]].</ref>
{{cita|''Durante a sétima noite do ano nacente -vértebra dorsal do século- deberon tocar a morto as badaladas de todas as igrexas de Galicia. Campás mariñeiras de Rianxo. Graves campás de Compostela. Líricas badaladas de Bastavales, de Anllóns... Só o pranto unánime das torres románicas, bágoas de bronce sobre rostro de pedra, expresarían con digno acorde e proporcionado acento, nesta ocasión a dor da terra...''|''Castelao, el hombre y el artista'', 14 de xaneiro de 1950, Valentín Paz-Andrade, xornal ''La Noche. Suplemento del sábado'' de Santiago. TraducciónTradución do orixinal<ref>Texto orixinal: 'Durante la séptima noche del año naciente -vértebra dorsal del siglo- han debido doblar a muerto las campanas de todas las iglesias de Galicia. Campanas marineras de Rianxo. Graves campanas de Compostela. Líricas campanas de Bastavales, de Anllóns... Sólo el llanto unánime de las torres románicas, lágrimas de bronce sobre faz de piedra, habría expresado con digno acorde y proporcionado acento, en esta ocasión el dolor de la tierra...''</ref><ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/07/14/1155044.shtml Artigo de Charo Portela Yañez] en La Voz de Galicia.</ref>}}
 
Entre [[1955]] e [[1959]] publica tres obras en [[Buenos Aires]]: o poemario ''[[Pranto matricial]]'' (1955) e os ensaios ''Sistema económico de la pesca en Galicia'' (1958) e ''[[Galicia como tarea]]'' (1959). Este último recolle as conferencias ditadas dous anos antes no [[Centro Gallego de Buenos Aires]], e foi cualificado por [[Méndez Ferrín]] como "''o grande manifesto político e económico do nacionalismo galego progresista''".