Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
}}
 
O '''Rancho La Brea''' ou '''La Brea Tar Pits''' (en inglés: Pozos de pichebrea de La Brea) son un grupo de pozos de [[betume]] que se formaron fai milleiros de anos na contorna do Hancock Park, nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[California]].
 
O [[Asfalto|asfalto natural]], betume, brea, piche ou [[alcatrán]] infiltrouse nesta zona dende o solo fai decenas de milleiros de anos. O alcatrán adoita atoparse cuberto de po, follas ou auga. Nestes pozos preserváronse os [[óso]]s dos animais que quedaron atrapados no betume. O Museo George C. Page está dedicado a estudar os pozos de piche e amosar os animais que alí se atoparon. O Rancho La Brea é un National Natural Landmark dos [[Estados Unidos de América]].
 
== Localización e formación ==
[[Ficheiro:Smilodon and Canis dirus.jpg|miniatura|esquerda|Robert Bruce Horsfall (1913).]]
Os pozos de La Brea e Hancock Park están situados no que noutrora foi a concesión mexicana Rancho La Brea, e agora forma parte da área urbana dos Ánxeles, no distrito de Miracle Mile.
 
Liña 30:
Estas filtracións lévanse producindo dende fai decenas de milleiros de anos. De cando en vez, o asfalto forma depósitos o suficientemente consistentes como para atrapar os animais, quedando a superficie cuberta con capas de auga, po ou follas. Os animais chegarían vagando, quedarían atrapados na poza, e acabarían por morrer. Os depredadores tentarían apresar os animais capturados no piche resultando tamén entrampados.
 
Os pozos de brea que existen actualmente foron escavados polo home. O meirande era orixinalmente unha mina de asfalto. Os outros pozos fixéronse entre o 1913 e o 1915, cando foron escavados máis de 100 pozos na procura dos ósos de grandes mamíferos do [[Plistoceno]]. Distintas combinacións de asfalto e auga asolagan estes buratos. Normalmente o asfalto xorde de gretas, endurecendo ó aflorar e formando montículos que se poden ver en varias zonas do parque.
[[Ficheiro:La Brea Tar Pits.jpg|miniatura|300px|[[R. Knight]] (1921).]]
Os ósos dos animais mortos, ó afundir e penetrar neles o asfalto, tórnanse dunha cor marrón escura ou negra. As fraccións máis lixeiras do petróleo evapóranse quedando unha substancia máis sólida, que preserva os ósos. [[Fósil]]es de grandes mamíferos foron extraídos do alcatrán, pero tamén se recuperaron microfósiles: madeira e plantas, ósos de roedores, insectos, moluscos, po, sementes, follas, e mesmo grans de pole. Expóñense no museo George C. Page algunhas mostras destes achados.
 
Liña 39:
O [[Xeoloxía|xeólogo]] da Union Oil William Warren Orcutt no 1901 é a primeira persoa acreditada en desvelar que os ósos fosilizados e preservados nos pazos de asfalto pertencen a animais prehistóricos.
 
As primeiras escavacións para estudar os fósiles de animais prehistóricos realizáronse entre os anos 1913 e 1915. Durante as décadas de 1940 e 1950 a preparación dos fósiles recuperados en escavacións precedentes dos grandes mamíferos do [[Plistoceno]] xerou gran expectación. Estudos posteriores determinaron que o material fósil dos vertebrados estaba ben preservado, con pouca evidencia de degradación bacteriana da proteína ósea.
 
Na década de 1970 a atención dos investigadores centrouse nos pequenos exemplares, como insectos e plantas, incluíndo microfósiles, como grans de pole. O estudo destes restos contribuíu a unha mellor comprensión da conca dos Ánxeles durante a última [[glaciación]].
Liña 51:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Plistoceno]]
* [[Lago de asfalto de Guanoco]]