Antonio Gamoneda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 9:
En [[1941]] comezou a recibir clases no colexio relixioso dos Pais Agostiños, até que decidiu deixalo en 1943. Ao día seguinte de cumprir os 14 anos comezou a traballar como meritorio e recadeiro no Banco Mercantil. Mantívose como empregado de banca até 1969, durante 24 anos, terminando por libre a [[educación secundaria]].
 
Mentres traballaba no banco tomou contacto coa resistencia intelectual ao [[franquismo]], tomando parte activa. Deuse a coñecer no mundo da poesía con ''Sublevación inmóvil'' (1953-1959), obra publicada en [[Madrid]] en [[1960]] que supuxo unha ruptura coas tradicionais regras realistas da época, e coa que foi finalista do [[premio Adonais]]. En [[1969]] creou e dirixiu os servizos culturais da [[Deputación]] da [[provincia de León]] e promoveu a creación da colección Provincia de poesía, para fomentar desde as institucións oficiais unha cultura progresista. Foi privado da súa condición de funcionario, sendo despois contratado de novo por sentenciasentenza xudicial.
 
Nesa época colaborou asiduamente en diferentes revistas culturais, e escribiu ''La tierra y los labios'' (1947-1953, publicado en 1987 no volume ''Edad''), ''Exentos I'' (1959-1960, tamén aparecido en 1987), ''Blues castellano'' (1961-1966, non publicada por até 1982 por mor da [[censura]]), e ''Exentos II (Pasión de la mirada)'' (1963-1970, publicada con múltiples variacións en 1979 como ''León de la mirada'').