Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A península de [[Anatolia]] entre o [[mar Negro]] e o [[mar Mediterráneo]] forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con [[Armenia]], ó norte co [[mar Negro]], ó oeste con [[Grecia]], o [[mar Exeo]] e [[Bulgaria]], ó sueste con [[Irán]], e ó sur con [[Iraq]], [[Siria]] e o [[mar Mediterráneo]], ó leste con [[Xeorxia]] e [[Acerbaixán]]. O [[mar de Mármara]], e os estreitos turcos do [[Bósforo]] é o [[Dardanelos]], separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un [[país transcontinental]]<ref>{{Cita web |url=http://www.sabanciuniv.edu/socrates/ects/go.php?page=turkey_geography|título=Geography of Turkey|autor=Sabancı University|editorial=Sabancı University|dataacceso=21 de setembro de 2009|data=2005|lingua=inglés}}</ref>.
 
Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un crucecruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.
 
Turquía é unha [[república]] [[democracia|democrática]], [[secular]] e [[constitución|constitucional]], cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de [[Mustafa Kemal Atatürk]], trala caída do [[Imperio Otomán]] após a [[Primeira Guerra Mundial]]. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con [[Occidente]] a través da afiliación a organizacións como o [[Consello de Europa]] (1949), a [[OTAN]] (1952), a [[OCDE]] (1961), a [[OSCE]] (1973) ou o [[Grupo dos 20]] (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relaciones políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de [[Oriente Medio]], [[Asia Central]] ou [[Asia Oriental]].
176.340

edicións