Douglas DC-1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Deseño ==
O desenvolvemento do DC-1 pode remontarse ao accidente en [[1931]] do voo 599 de TWA, sufrido por un [[Fokker F.10 Trimotor]] trimotor cun fallo estrutural nunha das súas ás, probablemente debido a auga que co tempo foi filtrándose entre as capas do laminado de madeira e acabou por disolver o pegamento que as mantiña xuntas. Tras o accidente, a división de aeronáutica do Departamento de Comercio estadounidense impuxo restricións estritas no uso de ás de madeira en avións de pasaxe. [[Boeing]] presentou unha proposta, o [[Boeing 247]], un monoplano bimotor totalmente metálico cunha tren de aterraxe retráctil, pero a súa capacidade de produción estaba reservada para satisfacer as necesidades de [[United Airlines]], parte de United Aircraft and Transport Corporation, que tamén era dona de Boeing. [[TWA]] precisaba un avión semellante para respostar á competencia do Boeing 247 e solicitou a cinco fabricantes presentar ofertas para a construción dun trimotor de 12 asentos metálico, con capacidade para voar 1.740 km a 242 km/h. A parte máis esixente das especificacións era que o avión debería ser capaz de despegar con seguridade dende calquera dos aeroportos das principais rutas de TWA (e en particular o de Albuquerque, a unha alta altitude e con temperaturas severas en verán) cun dos motores non operativo.<ref>Francillon 1979, p. 166.</ref>
 
Donald Douglas foi inicialmente reticente a participar da invitación de TWA. Dubidou de se habería un mercado para 100 avións, o número de vendas precisa para cubrir os custes de desenvolvemento. Porén, presentou un deseño dun avión bimotor de á baixa metálico para 12 pasaxeiros, unha tripulación de dous e un asistente de voo. O avión superou as especificacións da TWA incluso con só dous motores, principalmente debido ao uso de hélices de paso controlado.<ref>Smith (1998), p. 10</ref> O avión foi illado contra o ruído e a calor, e era totalmente capaz de voar e realizar despegues e aterraxes controladas cun só motor.
 
== Historia operacional ==
So se chegou a fabricar unha unidade. O avión realizou o seu voo de estrea o [[1 de xullo]] de [[1933]], pilotado por Carl Cover.<ref>Gradidge 2006, p. 9.</ref> O modelo foi bautizado como DC-1, derivado de "Douglas Commercial". Durante medio ano de probas realizou máis de 200 voos e demostrou a súa superioridade con respeto aos avións de pasaxeiros máis usados na época, o [[Ford Trimotor]] e [[Fokker F.10]]. Voou ao longo dos [[Estados Unidos]], facendo a viaxe nun tempo récord de 13 horas e 5 minutos.
 
== Notas ==