Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 73:
[[Irlanda]] transformouse nos últimos trinta anos dun [[país]] predominantemente agrícola a unha economía industrial vibrante. Dublín é hoxe en día unha moderna [[capital]] europea que presume dunha poboación nova e ben preparada, atractiva para moitos [[investimentos]] estranxeiros. A [[Igrexa Católica Romana|igrexa]] e o [[goberno]] veñen distanciándose cada vez máis como evidencia o resultado do referendo de [[1995]] a favor do divorcio, e a flexibilización das leis relativas á [[homosexualidade]] ou ó [[aborto]].
 
As iniciativas gobernamentais para establecerestableceren o ''International Financial Services Centre'' ("Centro de servizos financeiros internacionais") no corazón da cidade tivo éxito dabondo para atraeratraeren moitos dos maiores [[bancos]] de investimento mundiais e Dublín agora se sitúa comacomo un importante centro financeiro. [[Irlanda]] tamén é punteira en [[tecnoloxía da información]] e [[electrónica]], e Dublín converteuse nun importante centro europeo para a produción de [[programas informáticos]]. O progreso económico dos últimos dez anos foi sorprendente, e o "tigre celta" agora ten unha renda per cápita superior á de [[Gran Bretaña]] por primeira vez na historia de [[Irlanda]]. Porén, este proceso de modernización trouxo problemas ademais de beneficios. Prosperou unha cultura da [[droga]] e do [[crime organizado]] paralelamente ó resto da [[economía]], malia a loita levada a cabo polo [[goberno]].
 
Conducir pola cidade habitualmente ten lugar a unha [[velocidade]] que está entre lenta e nula. Inda así, Dublín por fortuna conserva boa parte da calidez e grandiosidade da época xeorxiana. Para unha cidade cunha poboación de case un millón de habitantes, permanece compacta e encantadora, e os lugares de interese están a unha distancia dabondo como para dar un paseo. Este factor, xunto coa súa rica tradición literaria e a reputación de exuberancia moza e de amistosa benvida, converteuna nun dos destinos turísticos favoritos en todo o [[Terra|mundo]].