Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 50:
 
=== O dominio inglés ===
Os seguintes invasores foron os [[anglonormando]]s, enviados por el-rei ''Henry II'' ("Henrique II"). Liderados polo [[conde de Pembroke]], máis coñecido comacomo ''Strongbow'' ("forte nó"), chegaron ao Condado de [[Wexford]] en [[1169]]. Dublín pronto foi aplastada pola potencia das súas tropas e os normandos axiña se dispuxeron a modificar a faciana da vila. El-rei garantiulle á cidade un foro en [[1171]] e estableceu a súa corte aquí. Os edificios sobreviventes máis antigos da cidade datan desta época, incluíndo ''Christchurch'' (a igrexa de [[Christchurch]]), ''Saint Patrick's Cathedral'' (a catedral de [[San Patricio]]) e partes do ''Dublin Castle'' (Castelo de Dublín). Porén, debido ó feito de que a madeira era a materia prima principal para as súas construcións, restan moi poucos edificios orixinais conservados que se poidan ver hoxe en día.
 
Os costumes e a lingua dos ingleses prevaleceron na cidade e na súa contorna, nunha zona que se deu en chamar [[Pale]], pero os potentados irlandeses influían en todas partes (dando lugar á expresión ''beyond the Pale'', "alén do Pale"). Contra [[1542]], el-rei ''Henry VIII'' (Henrique VIII) autoproclamouse rei de [[Irlanda]] e [[Inglaterra]], e a [[Reforma]] chegou a Irlanda. Por volta do ano [[1592]], fundouse o ''College of the Holy and Undivided Trinity of Queen Elizabeth'' ("Colexio da Indivisa e Sagrada Trindade da raíña Sabela") en terreos expropiados polo priorado de ''All Hallows'' ("Tódolos Santos"). Comunmente coñecido coma ''[[Trinity College]]'', este centro [[protestante]] de ensino desenvolveu unha ilustre tarefa na historia de Dublín durante os últimos catro séculos.
 
Con el-rei ''Charles I'' (Carlos I) destronado e a monarquía inglesa abolida, [[Oliver Cromwell]] chegou a Dublín cunhacun enorme exército en [[1649]], iniciando unha época especialmente salvaxe e sanguiñentasanguenta na historia de Irlanda. Trala restauración da monarquía en [[1660]], Dublín comezou a adoptar a forma coa que a coñecemos agora. Dispuxéronse ''[[Saint Stephen's Green]]'' e ''[[Phoenix Park]]'' (a Praza de santo EstebanEstevo e o Parque Fénix) e erixíronse moitos edificios públicos significativos coma o ''Royal Hospital'' (Hospital real) en Kilmainham, agora ''Museum of Modern Art'' (Museo de arte moderna).
 
Contra [[1685]], el-rei católico ''James II'' (Xaime II) asentábase no trono e Irlanda axiña se converteu no campo de batalla para unha guerra relixiosa que involucrou á maioría das forzas máis poderosas de Europa. En [[1690]], el-rei James perdeu na [[batalla do Boyne]] contra o protestante ''William de Orange'' (Guillermo de [[Orange]]) quen se converteu en rei. Os católicos sufriron os efectos das ''Penal Laws'' (Dereito penal protestante), a cultura [[gaélico|gaélica]] converteuse en clandestina e sentáronse os alicerces para a loita contra os ingleses pola autonomía irlandesa.
 
Durante o [[século XVIII]] iniciouse unha época dourada para Dublín, onde a cidade floreceu tanto física coma culturalmente. ''Parliament House'' (o Parlamento) que agora é o ''[[Bank of Ireland]]'' (Banco de Irlanda), ''[[Custom House]]'' (a Alfándega), ''Mansion House'', ''[[Four Courts]]'' e ''Marsh's Library'' (Biblioteca Marsh) se construíronconstruíronse todos durante este período. [[Jonathan Swift]], o autor de ''Gulliver's Travels'' ("As viaxes de Gulliver") volveu á cidade en [[1713]] para converterse no Deán da Saint Patrick's Cathedral, e o músico [[Händel]] estivo en Dublín en [[1742]] para dirixir a primeira representación do seu "[[Mesías]]".
 
=== O xurdimento do nacionalismo ===