Jazz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
sección "etimoloxía" a partir de es:Jazz
Liña 16:
 
O '''jazz''' é un estilo musical, nacido entre [[1890]] e [[1910]] en [[Nova Orleáns]]. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos [[EUA|Estados Unidos]] desde as súas épocas como [[escravo]]s que datan pouco antes de [[1850]]. As influencias nomean o [[ragtime]], as [[worksongs]] músicas cantadas polos negros ao traballaren e o [[blues]], principalmente, non se sabe moi ben como era esta música anterior a 1910, o primeiro músico do que se ten noticia é [[Buddy Bolden]], do que só se conservan unha foto e as opinións dos seus compañeiros, que falan dun virtuoso cun son potente e limpo.
 
== Etimoloxía ==
[[Ficheiro:ThatFunnyJasBandFromDixielandCover1916.jpeg|miniatura|esquerda|190px|A principios do [[século XX]] non había unha forma estandarizada de escribir o termo, como ilustra esta portada de [[1916]].]]
Aínda que non semella existir un acordo definitivo en canto á orixe e significado exactos do termo "jazz", algúns historiadores sitúan a súa orixe arredor de [[1912]], e indican que procede da [[xerga]] dos [[xornalista]]s deportivos da costa oeste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], quen utilizaban o termo nos seus comentarios dedicados á [[Pacific Coast League]], unha liga menor de [[béisbol]], para referirse á enerxía e vitalidade dos xogadores do [[San Francisco Seals]]. O exemplo máis antigo deste uso do termo, achado polo bibliotecario da [[New York University|Universidade de Nova York]] George A. Thompson, Jr. en [[2003]], apareceu en ''[[Los Angeles Times]]'' o [[2 de abril]] de [[1912]], nunha referencia ó ''[[pitcher]]'' de [[Portland Beavers]], Ben Henderson, onde este afirmaba:
{{cita|Chámoa a "pelota jazz" porque "treme" e, simplemente, non podes facer nada con ela"<ref name="A trumpet">{{cita libro |apelidos=Charters |nome=Samuel |título=A trumpet around the corner: the story of New Orleans jazz |url=http://books.google.es/books?id=ACpt6t_1WjkC&pg=PA117&dq=I+call+it+the+Jazz+ball+because+it+wobbles+and+you+simply+can%27t+do+anything+with+it&hl=es&ei=LLtyTeOBOtHFtAbjqoiEDg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCkQ6AEwAA#v=onepage&q=I%20call%20it%20the%20Jazz%20ball%20because%20it%20wobbles%20and%20you%20simply%20can%27t%20do%20anything%20with%20it&f=false |edición= |ano=2008 |editorial=University Press of Mississippi |isbn=9781578068982 |páxina=117 |lingua=inglés}}</ref>.}}
 
A partir de [[1913]], nunha serie de artigos de E.T. "Scoop" Gleeson para o ''[[San Francisco Bulletin]]'', aparece xa o termo ''jazz'' de forma máis habitual, aplicado á música. A referencia máis antiga do seu uso musical corresponde ó [[3 de marzo]] de [[1913]] e nela o termo utilizábase cun sentido negativo. Tres días máis tarde, o [[6 de marzo]], Gleeson usou o termo de forma máis exhaustiva cando, ó describir o tipo de música executada por unha orquestra do exército, sinalou que os seus integrantes ensaiaban a ritmo de ''ragtime'' e ''jazz''<ref>{{Cita Harvard sen parénteses |Tirro |2007 |p=109 |ref=Tirro}}</ref>.
 
Porén, non foi ata [[1915]], en [[Chicago]], que o termo comezou a usarse completamente para definir un tipo de música. Para finais de [[1916]] e principios de [[1917]] o uso do termo estaba xa bastante estendido. A primeira vez que se utilizou a palabra ''jazz'' en [[Nova Orleans]] (tamén escrita ''jas'' ou ''jass'' nos comezos) foi no ''[[Times-Picayune]]'' o [[14 de novembro]] de 1916, un feito que foi descuberto polo [[Lexicografía|lexicógrafo]] [[Benjamin Zimmer]] en [[2009]]<ref>{{cita web |nome=Benjamin |apelidos=Zimmer |título="Jazz": A Tale of Three Cities |url=http://www.visualthesaurus.com/cm/wordroutes/1876/ |obra=Word Routes |editorial=The Visual Thesaurus |data=8/6/2009 |dataacceso=22 de setembro de 2015|lingua=inglés}}</ref>.
 
Non obstante, moitos estudosos cren que o termo ten unha raíz ''[[fanti]]'' ([[África occidental]]) e se refire ó acto sexual<ref>{{cita libro |apelidos-editor=O'Meally |nome-editor=Robert G. |título=The Jazz Cadence of American Culture |url=http://books.google.es/books?id=zfXxg9M-u1UC&pg=PA21&dq=jazz+etymology+word&hl=es&ei=SMByTauVCtDysgbv4ZyEDg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4&ved=0CEAQ6AEwAw#v=onepage&q=jazz%20etymology%20word&f=false |lingua=inglés |ano=1998 |editorial= Columbia University Press |isbn=0-231-10448-0 |capítulo= |páxina=21}}</ref>.
 
== Historia ==
=== Nacemento ===
A música que se tocaba polas rúas e nos locais de Nova Orleáns era festiva e desenfadada, tocada principalmente por músicos [[raza negra|negros]] e [[crioulo]]s. A maioría eran [[Marcha (música)|marchas]] e a instrumentación era a propia deste estilo: a [[tuba]] levaba o [[ritmo]], e a [[corneta]], [[clarinete]] e [[trombón]] tecían as [[melodía]]s. Cando tocaban nun local, uníaselles [[piano]], [[banjo]] e axiña un novo instrumento, criado especialmente para a nova música: a [[Batería (instrumento musical)|batería]] (que aqui durante moitos anos se chamou [[jazz band]]). O característico deste estilo que continúa até hoxe (co nome de [[Dixieland (música)|Dixieland]] ou [[New Orleans (estilo)|New Orleans]]) era a improvisación colectiva: a corneta toca unha melodía adornada por riba polo clarinete e complementada polos contracantos do trombón, todo sobre unha rítmica sólida e sincopada de batería, tuba ou contrabaixo, piano e banjo ou [[guitarra]], a escritura non conta para nada, é unha arte puramente auditiva, a súa liberdade creadora vai máis alá da do compositor clásico, dúas versións distintas dun tema son dúas obras distintas; cando existe a composición e a escritura son elementos auxiliares da música jazz xa que a súa forma final depende da adaptación do músico ao lugar e ao momento onde ten lugar a actuación. Esta música foi gañando popularidade e foise estendendo cara ao Norte por [[St. Louis, Missouri|Saint Louis]] e [[Chicago]] (di a lenda que o feche dos bordeis de [[Storyville]] en 1917 foi a causa desta emigración).
É neste momento cando a nova música se comeza a se chamar jass, polo que parece utilizando un termo común no [[século XIX]] para referirse ao intercambio sexual. O 26 de febreiro de 1917, a [[Victor (discográfica)|Victor]] publicou o primeiro disco de jazz gravado pola [[Original Dixieland Jazz Band]]: un grupo de brancos liderados polo competente [[Nick LaRocca]] pero que non eran nin moito menos un dos baluartes desta música, como os músicos negros e crioulos [[King Oliver]], [[Freddie Keppard]], [[Kid Ory]] ou [[Jelly Roll Morton]]. Precisamente da banda de King Oliver sairía o home que levaría o jazz a ser o que hoxe coñecemos: [[Louis Armstrong]]. Entre 1925 e 1929 este cornetista e despois trompetista transformou a improvisación colectiva no [[solo]], e convertiuconverteu ao Jazz nun vehículo de expresión individual e autoafirmación, e xunto con [[Sidney Bechet]] configurou o [[Swing (estilo musical)|Swing]].
 
=== O swing ===
Liña 28 ⟶ 39:
=== O bebop ===
{{Artigo principal|Bebop}}
Durante a [[II Guerra Mundial]] nace o ''[[bebop]]'', estilo duro e agresivo que se xestou nos locais de [[Harlem]]. Na contrapartida surxexorde, entón, o ''[[cool jazz]]'' cunha proposta máis intelectualizada e con énfase nos arranxos. A continuación do bop é o ''[[hardbop]]'', máis negro e con influencias do [[gospel]] e do [[rhythm and blues]]. Todas estas innovacións conlevaran unha complicación progresiva desde o punto de vista técnico e, sobre todo, harmónico que afogaba aos solistas, isto levou a algúns músicos, principalmente despois do [[Kind of Blue]] de [[Miles Davis]] a apostar polo [[jazz modal]], onde o solista xa non segue uns cambios de acorde, senonsenón que ten unha série de [[modo (música)|modos]] que lle deixan maismáis espazo á improvisación.
 
Na [[década de 1960]] afundouse no jazz modal e apareceu o [[funk]] e sobre todo a [[jazz de vangarda|vangarda]] con elementos de composición atonais, polirritmia e moita improvisación, foi unha fase bastante experimentalista do estilo. A aparición do [[Música rock|rock]] como música maioritaria entre a xuventude branca e o [[soul]] entre os negros desprazou ao jazz dos gostos populares, fenómeno axudado polo carácter anticomercial do jazz da época. Ao mesmo tempo, a toma de conciéncia do pobo negro tivo a súa expresión no [[free jazz]] (até o propio termo jazz, considerado derogatorio, chegou a abandonarse, usandose denominacións como [[new thing]]). O [[entertainer]] era o novo [[Tío Tom]] e os músicos de free mostrábanse cínicos e condescendentes co público.
Liña 36 ⟶ 47:
Os 70 foron a época do [[fusion]]: a fusión do rock co jazz, liderada máis unha vez por Miles Davis, coa introdución de instrumentos electrónicos (ao comezo piano [[Fender Rhodes]] e baixo eléctrico e continuando despois con todo tipo de instrumentos amplificados). Apostouse por un estilo directo e rítmico (incluso bailábel) e pola existencia de bandas relativamente lonxevas no estilo rockeiro como [[Weather Report]] e [[Return to forever]].
 
FrenteFronte ao triunfo da avangarda e a fusión nos setenta, ambos estilos moi alonxados do jazz tradicional, nos oitenta apareceron os [[Young Lions]] coma [[Wynton Marsalis]] ou [[Roy Hargrove]] que propoñían un retorno ao jazz acústico e mainstream.
 
== Grandes nomes do Jazz ==
Liña 54 ⟶ 65:
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |apelidos=Tirro |nome=Frank |editorial=TEIA |título=The history of jazz |ano=2007 |isbn=8495601125 |lingua=inglés |ref=Tirro}}
=== Outros artigos ===
* [[Jazz galego]]