Pieter Boddaert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en castelán.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2015 ás 17:56

Pieter Boddaert, nado en 1730 en Middelburg, Zelandia, Países Baixos, e finado en 1795 en Utrecht,[1] foi un médico e naturalista holandés.

Pieter Boddaert.

Traxectoria

Fillo do xurista e poeta do mesmo nome (1694-1760), obtivo o seu doutourado en medicina na Universidade de Utrecht en 1764, pasando a ditar clases de historia natural nesa Universidade.

Foi amigo de Albert Schlosser, cuxo gabinete de "curiosidades" (obxectos de historia natural) describiu, e de Linneo. Consérvanse catorce cartas da súa correspondencia con este último, datadas entre 1768 e 1775.[2]

En 1783 publicou cincuenta exemplares dunha "Clave de identificación dos debuxos de Edmé-Louis Daubenton", das que deu os nombres científicos a cada unha das especies das láminas. Moitos destes primeiros nomes científicos por el propostos permanecen vixentes aínda hoxe.

En 1785 publicou Elenchus Animalium, no que incluiu os primeiros nomes binomiais (e trinomiais) de varios mamíferos, incluíndo o do tarpán (Equus ferus) e o da quagga (Equus quagga quagga).

Honores

Foi membro en 1771 da Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia Leopoldina).

Abreviatura

A abreviatura Boddaert emprégase para sinalar a Pieter Boddaert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas