Pus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
Durante a infección, os [[macrófago]]s liberan [[citocina]]s que activan aos neutrófilos para que procuren o sitio de infección por [[quimiotaxe]]. Alí, os neutrófilos [[fagocitose|fagocitan]] e destrúen as bacterias e as bacterias intentan resistir a resposta inmunitaria liberando toxinas chamadas [[leucocidina]]s.<ref name=Biology>Madigan, Michael T. and Martin, John M. Brock Biology of Microorganisms 11th ed. Pearson Prentice Hall. USA. 2006: 734</ref> Cando os neutrófilos morren polas toxinas ou pola súa idade, son fagocitados por macrófagos, formando o pus viscoso.
 
As bacterias que causan a formación de pus denomínanse '''supurativas''', '''pioxénicas''',<ref name=Biology/> ou '''purulentas'''. Se o axente xera tamén [[mucus]], denomínase ''mucopurulento''. As enfermidades que cursan con supuración denomínanse pióxenas, como a [[artrite pióxena]]. Xeralmente, as enfermidades nas que se produce pus son enfermidades nas que hai unha infección por microorganismos. Non obstante, tamén hai enfermidades que producen pus sen que haxa unha infección por microorganismos, e son aquelas nas que se orixina unha necrose dos tecidos ou acumulación de tecido morto, como por exemplo a [[psoriasepsoríase]] ou a melanose pustulosa neonatal transitoria.
 
A pesar de que normalmente o pus ten unha cor branca amarelada, poden observarse cambios de cor no pus en certas circunstancias. O pus pode ás veces ser verde debido á presenza de [[mieloperoxidase]], que é unha proteína antibacteriana intensamente verde producida por certos tipos de leucocitos. En certas infeccións de ''[[Pseudomonas aeruginosa]]'' prodúcese un pus verde que cheira mal; a cor verdosa é resultado do [[pigmento]] bacteriano [[piocianina]] que as pseudomonas producen. Os abscesos [[ameba|amébicos]] no [[fígado]] producen pus pardo, cuxo aspecto se ten descrito como similar á "pasta de anchoa". O pus pode tamén ter mal cheiro, especialmente o pus das infeccións anaeróbicas.<ref name="Topazian 2002">{{Cita libro|last=Topazian RG, Goldberg MH, Hupp JR|title=Oral and maxillofacial infections|year=2002|publisher=W.B. Saunders|location=Philadelphia|isbn=978-0721692715|pages=|edition=4}}</ref>