Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
 
== Localización e formación ==
[[Ficheiro:Smilodon and Canis dirus.jpg|miniatura|O betume preservou os ósos durante milleiros de anos.esquerda|]]
Os pozos de La Brea e Hancock Park están situados no que noutrora foi a concesión mexicana Rancho La Brea, e agora forma parte da área urbana dos Ánxeles, no distrito de Miracle Mile.
 
Os pozos de piche están compostos por fraccións de crudo pesado denominado gilsonita, que se filtraron dende o solo. En Hancock Park o [[petróleo]] cru escorre pola fenda ó longo da 6th Street dende o Salt Lake Oil Field. O petróleo aflora e forma na superficie piscinas en varios lugares do parque, tornándose en asfalto cando as fraccións máis lixeiras do petróleo se degradan ou evaporan.
[[Ficheiro:La Brea Tar Pits.jpg|miniatura|300px|esquerda|Varias especies quedaron atrapadas no alcatrán.]]
Estas filtracións lévanse producindo dende fai decenas de milleiros de anos. De cando en vez, o asfalto forma depósitos o suficientemente consistentes como para atrapar os animais, quedando a superficie cuberta con capas de auga, po ou follas. Os animais chegarían vagando, quedarían atrapados na poza, e acabarían por morrer. Os depredadores tentarían apresar os animais capturados no piche resultando tamén entrampados.
 
Os pozos de brea que existen actualmente foron escavados polo home. O meirande era orixinalmente unha mina de asfalto. Os outros pozos fixéronse entre o 1913 e o 1915, cando foron escavados máis de 100 pozos na procura dos ósos de grandes mamíferos. Distintas combinacións de asfalto e auga asolagan estes buratos. Normalmente o asfalto xorde de gretas, endurecendo ó aflorar e formando montículos que se poden ver en varias zonas do parque.
 
[[Ficheiro:Smilodon and Canis dirus.jpg|miniatura|O betume preservou os ósos durante milleiros de anos.]]
Os ósos dos animais mortos, ó afundir e penetrar neles o asfalto, tórnanse dunha cor marrón escura ou negra. As fraccións máis lixeiras do petróleo evapóranse quedando unha substancia máis sólida, que preserva os ósos. [[Fósil]]es de grandes mamíferos foron extraídos do alcatrán, pero tamén se recuperaron microfósiles: madeira e plantas, ósos de roedores, insectos, moluscos, po, sementes, follas, e mesmo grans de pole. Expóñense no museo George C. Page algunhas mostras destes achados.