Diferenzas entre revisións de «Mosteiro de San Salvador de Celanova»

(→‎Historia: cambio punto por coma)
O lugar medrou arredor do mosteiro e acabaríase convertendo na actual Celanova. O abade ostentaba, entre outros, os títulos de conde de [[Bande]] e marqués de Torre de Sande, nomeaba xuíces e alcaldes en máis de 50 localidades e tiña asento reservado na [[catedral de Ourense]].<ref name="ourense">[http://turismourense.com/ver/ver_monumento/303 Páxina de Turismo Ourense] {{es}}</ref>
 
Após un período de decadencia, en [[1506]] sumouse á Congregación de San Bieito de [[Valladolid]], co que recuperou certo esplendor, e deste modo comeza unha nova etapa, que lle concede maior esplendor.<ref name=ourense/> A importancia do mosteiro foi medrando co tempo e no [[século XVI]] o mesmo [[Carlos I de España|Carlos I]] pensou na idea de retirarse a este mosteiro, aínda que prefireu [[Mosteiro de Yuste|Yuste]] pola climatoloxía máis benigna.<ref name=maxia/> A importancia do mosteiro durante os séculos XVII e XVIII, así como o seu poder económico e social, quedaron reflectidos nas reformas que o mosteiro levaba a cabo co paso dos anos, chegándose a reconstruirreconstruír todo o mosteiro.<ref name=ourense/>
 
No [[século XIX ]] prodúcese a [[desamortización]], e isto supuxo o abandono do mosteiro como ocorreu con outros moitos outros. O concello pasou a ser o propietario das instalacións e a igrexa monacal pasou a ser templo parroquial honrando a San Rosendo. A igrexa construíuse no século XVI, comezándose en [[1653]] e rematándose no ano [[1687]]. Pode ser considerado como un exemplo de transición do Barroco o Renacemento.<ref name=maxia/><ref name=ourense/> O resto das instalacións pasaron a propiedade de institucións públicas, que as utilizaron para diversas actividades. De feito, os [[Escolapios]], tiveron unha escola e adicáronse alí á ensinanza, ata [[1929]]. Despois nas instalacións estiveron durante breves períodos de tempo: Augustiños, Salesianos e incluso a Cidade dos Muchachos.<ref name=ourense/>
99.802

edicións