Uxío-Breogán Diéguez Cequiel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
Reside en Galiza desde [[1992]]. Licenciado en Historia pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e doutor en Historia Contemporánea pola [[Universidade de Barcelona]] coa tese ''Nacionalismo Galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación ([[1936]]-[[1975]])''. Exerce como profesor na [[Universidade da Coruña]], traballo que compaxina coa súa participación na ''Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza''.
 
Os seus temas centrais de estudo e investigación son a historia do [[nacionalismo galego]], os movementos sociais no tempo contemporáneo e a didáctica das Ciencias Sociais. Formou parte da primeira dirección dos [[CAE]], e despois foi membro dos [[CAF]], sendo claustral na Universidade de Santiago de Compostela entre [[1998]] e [[2002]], e da Xunta Reitora e Padroado da Fundación Alexandre Bóveda desde [[2003]], entidade da que é presidente desde decembro do [[2014]], e posteriormente foi un dos cofundadores de ''[[Murguía|Murguía. Revista Galega de Historia]]''. É tamén impulsor do ''Manifesto Galeusca: [[1933]]-[[2008]]'' de historiadores, que deu lugar ao I ''Encontro Galeusca Historia'' ([[Barcelona]], [[2010]]) e, ao II ''Encontro Galeusca Historia'' ([[Bilbao]], [[2012]]) e ao III ''Encontro Galeusca Historia'' (A Coruña, [[2015]]).
 
Ten colaborado tamén en diversas publicacións, como ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]'', ''[[Grial (revista)|Grial]]'' ou ''[[Terra e Tempo]]'', así como en xornais e emisoras de radio (''[[Cadena SER]]'', ''[[Cuac FM]]'' e ''Radiofusión'').