Boeing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
A mediados dos anos 50 a tecnoloxía avanzou significativamente, o cal permitiu a Boeing desenvolver produtos totalmente novos e innovadores. Un dos primeiros foi un mísil teledirixido de curto alcance, deseñado para responder a ataques de avións inimigos. Nestes anos a [[Guerra Fría]] xa era un feito, e Boeing utilizou os seus coñecementos de mísiles de curto alcance para desenvolver un intercontinental.
 
Boeing introduciu en [[1955]] o primeiro avión comercial de reacción dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Previamente xa apareceran dous avións deste tipo en [[Europa]], o Comet fabricado no [[Reino Unido]], e o Caravelle, fabricado en [[Francia]]. Co novo avión, o [[Boeing 707|707]], Boeing converteuse no líder dos fabricantes de reactores para pasaxeiros. Tratábase dun avión cuadrimotor con capacidade para 156 pasaxeiros e destinado a rutas longas. Pouco despois Boeing desenvolveu unaunha segunda versión deste avión, o 720, para rutas máis curtas, e uns anos máis tarde apareceu o [[Boeing 727|727]], un avión de capacidade semellante, pero dotado de tres motores, e concibido para rutas medias e curtas. Este avión tivo de inmediato unha acollida moi positiva polas compañías aéreas, polos pilotos e polos pasaxeiros pola súa comodidade e fiablidade. Aínda que en [[1984]] deixou de fabricarse, a comenzos do século XXI aínda se atopaban en servizo unhas 1.300 unidades do 727 en todo o mundo.
 
No ano [[1967]] a compañía introduxo un novo modelo, o [[Boeing 737]], convertido no avión de pasaxeiros máis vendido na historia da aviación civil. Trátase dun birreactor deseñado para rutas curtas e medias, con capacidades que van dos 110 aos 220 pasaxeiros segundo a versión e a configuración de asentos. O 737 segue fabricándose e é obxecto de continuas melloras tecnolóxicas. Tamén foron aparecendo variantes adicionais, polo xeral versións máis longas para unha maior capacidade de pasaxeiros. Incluso existe un 737 de negocios para grandes empresas, o Boeing Business Jet.