Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
O '''Rancho La Brea''' ou '''La Brea Tar Pits''' (en inglés: Pozos de piche de La Brea) son un grupo de pozos de [[betume]] que se formaron fai milleiros de anos na contorna do Hancock Park, nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[California]].
 
O [[Asfalto|asfalto natural]], [[betume]], brea ou [[alcatrán]] infiltrouse nesta zona dende o solo fai decenas de milleiros de anos. O alcatrán adoita atoparse cuberto de po, follas ou auga. Nestes pozos preserváronse os ósos dos animais que quedaron atrapados no betume. O Museo George C. Page está dedicado a estudar os pozos de piche e amosar os animais que alí se atoparon. O Rancho La Brea é un National Natural Landmark dos [[Estados Unidos de América]].
 
== Localización e formación ==
Os pozos de La Brea e Hancock Park están situados no que noutrora foi a concesión mexicana Rancho La Brea, e agora forma parte da área urbana dos Ánxeles, no distrito de Miracle Mile.
 
Os pozos de piche están compostos por fraccións de aceite pesado denominado gilsonita, que se filtraron dende o solo. En Hancock Park o [[petróleo]] cru escorre pola fenda ó longo da 6th Street dende o Salt Lake Oil Field. O petróleo aflora e forma na superficie piscinas en varios lugares do parque, tornándose en asfalto cando as fraccións máis lixeiras do petróleo se degradan ou evaporan
 
Estas filtracións lévanse producindo dende fai decenas de milleiros de anos. De cando en vez, o asfalto forma depósitos o suficientemente consistentes como para atrapar os animais, quedando a superficie cuberta con capas de auga, po ou follas. Os animais chegarían vagando, quedarían atrapados na poza, e acabarían por morrer. Os depredadores tentarían apresar os animais capturados no piche resultando tamén entrampados.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lago de asfalto de Guanoco]]
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.tarpits.org/ La Brea Tar Pits & Museum]
 
[[Categoría:Paleontoloxía]]