Diferenzas entre revisións de «Frauta»

m
m (→‎Historia: orquestra)
Os grupos de frautas son os seguintes:
[[Ficheiro:Quena01.jpg|miniatura|[[Quena]].]]
* Frautas sopradas polo extremo, tanto sise teñen muesca coma se non a teñen. Están moi estendidas. Entre elas, por citar as máis coñecidas en Occidente, a [[quena]], que é tocada en varios países de [[América do Sur]] ou o [[Shakuhachi]] xaponés. Moitas delas son feitas de cana.
 
* Frautas con conducto de aire e un bisel na fiestra, todo iso na embocadura. Son un grupo moi grande e moi numeroso. Aínda que non sexan realmente instrumentos musicais, neste grupo están os [[chifre]]s (feita excepción dos globulares) e os [[siurell]]s. As [[frauta doce|frautas de pico]] intégranse neste grupo. Tamén as numerosas frautas de tres buracos que se tocan cunha soa man (normalmente a esquerda: tres dedos tapan buracos e os outros dous suxeitan o instrumento, un tubo moi longo e delgado facilita a formación de harmónicos e, xa que logo, a execución dunha escala enteira aínda que só haxa tres buracos) mentres coa outra se toca un [[tambor]]. Neste grupo hai numerosos exemplares: o ''pipe and tabor'' que interpreta a ''Morris dance'' en [[Inglaterra]], o galoubet da [[Provenza]], o [[flageolets]], o [[frauta de tres furados|txistu]] do [[País Vasco]], a frauta da [[Maragatería]], o'' pito rociero'' de [[Andalucía]] etc. Aínda que non teñan tres buracos senón máis, os diferentes tipos de [[Piccolo|frautíns]] forman parte deste mesmo grupo.
104.751

edicións