Diferenzas entre revisións de «Frauta»

m
→‎Historia: orquestra
m (Bot: Parsoid bug phab:T107675)
m (→‎Historia: orquestra)
No [[música renacentista|Renacemento]] e no [[música barroca|Barroco]] conviven ámbolos dous tipos de instrumentos. A frauta de pico, ao longo do [[século XVI]] desenvólvese nunha familia integrada por unha serie de instrumentos de características practicamente idénticas, con afinacións diferentes -con predominio das frautas en do e fa- que permiten de tocar música polifónica cun timbre homoxéneo. En cambio, a frauta travesa non chegou a desenvolver unha familia comparable á da envergadura da frauta de pico, aínda que [[Alexander Agricola]] no seu tratado'' música instrumental deudsch'' do 1528 mostra unha familia de catro frautas travesas de tamaños e tesituras diferentes. Aínda que unha parte da literatura barroca para frauta permite ser tocada con ámbolos tipos de frauta, aínda que se adapte máis ben a unha que á outra, tamén hai mostras de música exclusivamente pensada para unha e non para a outra. Constitúen un exemplo do primeiro caso as sonatas para un instrumento melódico e baixo continuo que [[Haendel]] publicou como acompañados cunha serie de instrumentos entre as que se atopan ámbolos tipos de frautas, ademais do [[violín]] ou o [[oboe]], o certo é que algunhas son máis indicadas para un destes instrumentos. En cambio, [[Johann Sebastian Bach]] acompaña con dúas frautas de pico a o [[concertino]] no seu segundo [[concertos de Brandenburgo|concerto de Brandeburgo]], pero cunha frauta travesa para o quinto da mesma serie .
 
No [[Música do clasicismo|Clasicismo]] a frauta travesa xa era prácticamente a única empregada nos ámbitos da música de concerto e a [[ópera]], só personaxes de baixa extracción social como Papageno en [[Die Zauberflöte|A frauta máxica]] de [[Mozart]] tocan outros tipos de frauta como a frauta de pan. Construída en madeira, deu un salto cualitativo importante no momento en que [[Theoblad Böhm]] ([[1794]] - [[1881]]) inventou e aplicoulle un sistema de claves que facilitaba a execución á vez que incrementaba sustancialmente as posibilidades; un sistema que máis tarde adaptaría e aplicaría a outros instrumentos de vento-madeira. Posteriormente, a frauta travesa pasaría a construirse en metal. Ao longo do [[século XIX]] igual como sucedeu con tantos outros instrumentos de vento, a frauta travesa de orquestaorquestra foi obxecto de experimentacións diversas, entre outras a do mesmo Boehm, ou as diferentes formas que se buscaban para construír frautas de tesituras máis graves.
 
Pola súa banda, a frauta de pico renaceu a unha escala importante ao longo do século XX, en dous terreos diferentes. Por unha banda, para a interpretación da [[música antiga]] con criterios e instrumentos o máis próximos posible aos da época en que fora creado o repertorio. Por outra banda, e unha vez feitas algunhas adaptacións como a fabricación industrializada a prezos económicos, a experimentación con plásticos diversos, e a adaptación do sistema de dixitación a unha modalidade máis simple, o instrumento popularizouse no mundo da educación musical na escola.
104.748

edicións