Kwame Nkrumah: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 36:
|}
 
'''Kwame Nkrumah''', nado o [[21 de setembro]] de [[1909]] en [[Costa de Ouro]], hoxe [[Ghana]] e finado o [[27 de abril]] de [[1972]] en [[Bucarest]], [[Romanía]], como era coñecido '''Francis Nwia-Kofi Ngoloma''', foi un líder ganés [[Descolonización|anticolonial]], [[Neocolonialismo|antineocolonial]] e [[Anti-imperialismo|anti-imperialista]] de [[África]]. Nkrumah foi o fundador e máis omailo primeiro [[Lista dos presidentes de Ghana|presidente]] da moderna [[Ghana]], sendo considerado como un dos políticos [[Panafricanismo|panafricanistas]] máis influentes do [[século XX]].
 
== Primeiros anos ==
Nkrumah naceu en [[Nkroful]], no territorio africano entón coñecido como [[Costa de Ouro]], hoxe [[Ghana]], nunha familia de relixión cristiá relativamente humilde. Acudiu á escola elemental na localidade de [[Half Assini]], diplomándose logo en [[Accra]] no Government Training College (que cambiou o nome naquel mesmo ano para Achimota School). No 1935 deixou Ghana para ir aos [[Estados Unidos de América]]. Aí traballou e seguiu estudos nunha variedade de materias (Ensinanza, Economía, Socioloxía e Teoloxía) na [[Universidade Lincoln]] e na [[Universidade de Pensilvania]]<ref>Kwame Botwe-Asamoah ''Kwame Nkrumah's Politico-Cultural Thought and Policies''. Routledge, 2005, páxina 3</ref>. En [[1945]] marchou ao [[Reino Unido]], estudandoe e estudou ciencias políticas na [[London School of Economics]].
 
Nkrumah viviu a experiencia da discriminación racial, quedando ao tempo impresionado polo pensamento dalgúns activistas afroamericanos, como [[Marcus Garvey]] e [[Web Du Bois]]. Dos Estados Unidos trasladouse a Gran Bretaña con intención de continuar os seus estudos. Nkrumah xogaría un papel de primeiro plano na WASU (West African Students’ Union: Unión de Estudantes da África Occidental), colaborando como secretario na organización do V [[Congreso Panafricano]], en [[Manchester]], organismo instituído por [[W.E.B. Du Bois]].
 
== Regreso a Ghana ==
Toda esa actividade chamou a atención de [[Arko Adjei]], dirixente do United Gold Coast Convention (Convención Unida da Costa de Ouro) ('''UGCC'''), o primeiro partido político de Ghana. En 1947 Nkrumah tornou a Ghana para participar na loita polo dereito do seu pobo á autodeterminación, mais entre el e outros membros da '''UGCC''' as relación voltáronse de súpeto tensas.
 
No 1948 Nkrumah e outros dirixentes da da '''UGCC''' foron detidos polo goberno colonial con acoa escusa dunha serie de tumultos e desordes que convulsionaran o país:; porén o arresto non fixo senón aumentar a súa popularidade, sendoe foi soltadoceibado pouco despois.
 
Nkrumah comezou a súa axitación polo país adiante. De comunidade en comunidade proclamou que a [[Costa de Ouro]] precisaba o "autogoberno", ao tempo que edificaba unha anchaampla base de poder. Os agricultores do cocos uníronselle porque estaban en desacordo con acoa política británica. Recabou que as mulleres tomasen parte no proceso político nunha época na que o [[sufraxio feminino]] era aínda recente nas [[democracia]]s occidentais. Os sindicatos tamén se xuntaron ao seu movemento. Cara [[1949]], organizara todos eses grupos nun novo partido denominado The Convention People’s Party (Partido da Convención Popular) (CCP). Nkrumah, ademais de poder contar con oco seu propio [[carisma]] persoal, buscou rodearse de persoas con habilidade propagandística que soubesen aproveitar todos os medios ao seu alcance, especialmente xornalísticos. Fundáronse novos xornais como ''Accra Evening News'' e ''Cape Coast Daily Mail'', que, a diferencia das anteriores publicacións políticas do país, estas eran redactadas de xeito simple e comprensíbel. O goberno colonial británico probou a censurar e reprimir os xornais, mais desta vez só conseguiu inflamar o ánimo da poboación.
 
Liña 54:
 
== A Independencia de Ghana ==
O [[1 de xaneiro]] de [[1951]] foi promulgada a nova [[constitución]] de Ghana, que o CPP criticou ora porque negaba o pleno autogoberno, ora porque máis unha vez favorecía a representación a través das elites tradicionais. En febreiro de [[1951]], como o partido decidiudecidira participar nas eleccións, o novo gobernador británico Sir Charles Alden permitiu que Nkrumah, aínda no cárcere, competise por un escano na Asemblea. O éxito nas votacións foi un triunfo para Nkrumah. Ante esta esmagadora vitoria Alden decidiu liberar a Nkrumah xunto outros membros do CPP que estaban tamén detidos, e nomealo xefe do goberno e, un ano logodespois, Primeiroprimeiro Ministroministro. Unha das primeiras medidas de Nkrumah foi modificar a Constituciónconstitución, que transformou a Asemblea Lexislativa nunha cámara integramente elixíbel por [[sufraxio universal]]. No ano [[1954]] as novas eleccións outorgáronlle de novo unha nidia vitoria ao CPP.
 
Así Nkrumah accedeu a guiar o seu país - que rebautizou [[Ghana]], en lugar do nome de Costa de Ouro, que tiña na época colonial - cara a independencia, obtida o [[6 de marzo]] de [[1957]].
 
Ata o [[1960]] un representante da Coroa británica ostentaba aínda o título de Xefexefe de Estadoestado honorífico. No mesmo 1960 Ghana foi proclamada [[república]] e Nkrumah foi elixido presidente fronte de J.B. Danqua, candidato da oposición.
 
== Presidente de Ghana ==
Un dos primeiros obxectivos do goberno Nkrumah foi promover o [[desenvolvemento]] do país, de modo que os seus [[recurso]]s poidesen ser usados para mellorar o [[benestar]] da poboación, e non só para producir bens exportábeis cara os países desenvolvidos. Desde un punto de vista [[Ideoloxía|ideolóxico]] Nkrumah era un defensor do [[socialismo africano]]. Foi así creado un sistema económico que combinaba a libre iniciativa privada cun forte papel do [[Estado]] na economía. Na primeira época a política de Nkrumah obtivo discretos éxitos, especialmente nos campos do [[ensino]] e da construción de [[infraestrutura]]s (o grande encoro de [[Akosombo]]), mais os programas de desenvolvemento impuxeron tamén un forte peso nas finanzas do país que, unido as esperanzas que as excesivas ambicións do presidente xeraran, e máis o difusión da corrupción, revelouse un punto insostíbel. Amargado polas dificultades que Ghana atopaba no seu intento de emanciparsese emancipar tanto social como economicamente, Nkrumah virousevirou moi apaixonado na denuncia do [[neocolonialismo]] . Para vencer estas forzas Nkrumah tiña en mente unha solución, xa pensada nos tempos da súa militancia no movemento [[panafricano]]: a unión de [[África]] enteira nunha [[federación]].
 
As ambicións revolucionarias de Nkrumah levábano a considerarse investido dunha misión que transcendía os confíns de Ghana para estendersese estender por toda [[África]]. Nkrumah vía na federación de África o único xeito parade que o continente se emancipase realmente e reservarseobtivese un espazo na época da [[Guerra Fría]]. Coherentemente, estaba a prol dunha política de “neutralismo activo”.
 
Neses anos da [[descolonización]] a idea dunha organización, calquera que fose, dos países africanos gozaba de consenso xeral. Mais Nkrumah insistía en botar as bases dunha unión política, sendo claro que esa postura non se aceptaba pola maioría dos dirixentes africanos. De maneira que a Organización da Unidade Africana ([[OUA]]) non correspondía aos desexos de Nkrumah, senón a penas un organismo intergobernamental. Con todo, en 1965, Kwame Nkrumah non dubidou en gastar 10 millóns de [[libraLibra esterlina|£libra]]<nowiki/>s en erguer un Pazo da Unidade Africana en Accra, con ocasión da Conferencia de Xefes de Estado e Goberno da OUA, nun momento no que a economía do seu país estaba en dificultades, custo que a súa ambición política impuña e que lle subtraía o apoio da poboación. Por outra banda a súa liña intransixente sobre o neocolonialismo, xunto con oco apoio aos "combatentes pola liberdade" no resto do continente, e máis omailo seu achegamento, nos anos últimos, á [[URSS]] e a [[República Popular China|China]], contribuíancontribuiron a crearllelle crear fama de revolucionario incómodo e a retirarllelle retirar o sostén dos "moderados". Todos ese factores illounoillárono no plano internacional e seríanforon unha das causas da súa caída. Outra causa sería o cariz cada vez máis [[autoritario]] que o seu réxime fora tomando desde a independencia de Ghana.
 
Se ben Nkrumah se declarara partidario dun réxime [[democracia|democrático]], na práctica demostrouse pouco tolerante cando a oposición puña en perigo as súas concepcións de progreso e unidade das nacións e da interpretación que daba da vontade popular. A represión do disenso era xustificada pola identificación do “goberno do pobo” con acoa vontade do líder electo, isto é con oco mesmo Nkrumah. As primeiras medidas que restrinxían as liberdades políticas no país foran unha resposta as axitacións rexionalistas e secesionistas que acompañaran á independencia: a Deportation Act (Lei de deportación), que permitíanpermitía expulsar de Ghana os cidadáns estranxeiros que apoiasen e financiasen a oposición e máis amaila Avoidance of Discrimination Act (Lei antidiscriminación). Ambas de 1957. A última das leis vedaba os partidos de base rexional ou tribal. Pero foi máis alá, con acoa Preventive Detention Act (Lei de detención preventiva), de xullo de 1958, que autorizaba encarcerar por un período non superior a cinco anos, en base a simples sospeitas, a quen fose acusado de accións contra a seguranza do país.
 
Os actos terroristas contra o goberno aumentaran antes de diminuír. Tense suxerido que o [[cancro]] que causou a morte de Nkrumah en [[1972]] foi unha secuela dun atentado no [[1962]]. Pero tivera tamén como resultado o endurecemento da política represiva.
Liña 78:
O [[27 de abril]] de [[1972]] Kwame Nkrumah morreu de cancro en [[Romanía]], onde se retirara para curarse.
 
Nkrumah foi e é aínda un referente para toda África, como unha das figuras máis importantes na loita contra o colonialismo e polopola emancipación dos pobos do [[Terceiro Mundo]]. Os ouvintes africanos da BBC escollérono como "Home do Milenio" no [[2000]].
 
== Notas ==